Actividades infantiles no image

Publicado el 22 de noviembre de 2012 | por Fer Martínez

0

Contacontos e magosto o venres e o sábado no Centro Cívico de Teis

A Asociación Veciñal de Teis ten preparadas dúas actividades para todos os públicos nesta fin de semana. En primeiro lugar realizarán unha actividade de contacontos para nenos o venres e na tarde do sábado celebrarán un magosto ao que todos estamos invitados, con castañas e viño gratis. Estas actividades levaranse a cabo no Centro Cívico de Teis.

CONTACONTOS CON OBRADOIRO “Érase unha vez a historia do papel”
Venres 23 de novembro ás 18.00

A primeira parte da actividade consistirá nun contacacontos onde os cativos descubrirán a historia de papel a través de proxeccións de ilustracións que apoiarán á narradora. Despois realizarán unha demostración práctica onde os participantes axudarán a crear follas de papel.  Os 20 primeiros participantes inscritos recibirán un conto de balde sobre a historia do papel.

  • Esta actividade é de balde
  • A partir de 6 anos

MAGOSTO VECIÑAL
Sábado 24 novembro a partir das 18.00

Nesta festa contan con distribuir de xeito gratuíto 200kg de castañas e 150 litros de viño dos que poderán desfrutar aqueles que se acheguen ao lugar. A festa estará amenizada musicalmente polo grupo de gaitas da Asociación Veciñal de Teis. Esta actividade terá lugar no polideportivo do Centro Cívico de Teis.

  • Actividade de balde

O Centro Cívico de Teis está en Camiño das Maceiras, s/n (MAPA)

Asociación Veciñal de Teis

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑