Obradoiro da Universidade de Vigo de mellora do rendemento académico para universitarios
O Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo organiza un obradoiro de que ensinará as estratexias e claves coas que mellorar o rendemento académico. Este obradoiro está destinado a estudantes da propia Universidade de Vigo e pode ser moi útil para afrontar os exames que están por vir con outra perspectiva e acadar mellores resultados. Trátase dun obradoiro de 6 horas repartidas en 3 sesións e o prezo é de 4,5€ ou de 3€ para bolseiros.
Estratexias e claves coas que mellorarás o teu rendemento académico
No obradoiro afondarase en elementos clave como a planificación, a motivación ou o autocoidado tanto físico coma emocional para evitar que a época de máxima esixencia para os estudantes sexa aínda máis dura. Neste obradoiro explicarase aos participantes que é necesario coñecer os obxectivos a lograr cada un sen descoidar hábitos de suma importancia coma o tempo de lecer, unha alimentación saudable, practicar deporte ou técnicas de relaxación para perder o medo a quedarse en branco e lograr a concentración á hora de estudar.
Para matricularse
Este obradoiro levarase a cabo os días 20, 21 e 22 de novembro de 11.00 a 13.00 no edificio Miralles do Campus de Vigo e aínda tedes prazas disponibles, o prazo remata o luns día 19. Se queres matricularte neste curso desde a web de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo podedes descargar o impreso de pago das taxas, que tedes que pagar nun NovaGalicia Banco, posteriormente teredes que contactar co Gabinete Psicopedagóxico para confirmar a matrícula.
Máis información
- Proceso de matrícula en uvigo.es
- Correo de contacto avicext1@uvigo.es; avicext2@uvigo.es
- Secretaría Extensión Universitaria, Edificio Miralles. Tel.: 986 813626
- Rexistro auxiliar, E.U.E.T.I. Torrecedeira, 86. Tel.: 986 813610
Fonte: duvi.uvigo.es