Cine no image

Publicado el 8 de noviembre de 2012 | por Fer Martínez

0

DocBueu, ciclo de documentais en Bueu en novembro

DocBueu é un ciclo de documentais para combater a desinformación. Durante este mes, cada venres o Centro Social do Mar acollerá as proxeccións a partir das 22 horas, con entrada de balde.

Globalización, sociedade, memoria histórica, conflitos internacionais ou cambio climático son algúns dos temas nos que se centrarán os visionados. Un premiado filme sobre o conflito palestino-israelí, dirixido por Abdallah Omeish e Sufyan Omeish, deu comezo ao ciclo a semana pasada.

Proxeccións os días 9, 16, 23 e 30 de novembro, entrada libre

9 de novembro
A guerra contra a democracia de John Pilger e Christopher Martin

  • Premiado repaso á política de inxerencias que EE.UU. ten levado a cabo sobre América Latina coa excusa de promover a democracia, para facerse cos seus recursos.

16 de novembro
Bloqueo, a guerra contra Cuba de Daniel Desaloms

  • A cinta céntrase na guerra económica imposta polo imperialismo americano. Opinan políticos, economistas e cidadáns que padecen día a día as súas consecuencias.

23 de novembro
Un cru despertar de Basil Gelpke e Ray McCormack

  • Análise da dependencia que o ser humano ten do petróleo e os efectos da súa desaparición, incluída unha catastrófica influencia na economía mundial.

30 de novembro
Operación Garzón de Prod. Llibertat.cat e Zeba Produccions

  • O documental involucraa Baltasar Garzón na represión contra o independentismo catalán nos Xogos Olímpicos de 1992, pola que o Estado Español foi condenado.

DocBueu, durante o mes de novembro, cada venres a partir das 22.00

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑