Mercado de produtos tradicionais no Casco Vello este sábado 3 de novembro
A cultura do consumo ecolóxico e a artesanía enche o Casco Vello. Nesta edición está previsto que a feira de produtos tradicionais ocupe a Praza da Pedra e as rúas Palma, Oliva e Triunfo pero se amenaza choiva trasladarase a montaxe ao Mercado do Berbés.
Este mercado ofrece produtos artesanos, ecolóxicos e tradicionais acompañados de degustacións, obradoiros de artesanía para toda a familia e charlas divulgativas. O horario de inverno do mercado 10.00 a 19.00 de modo continuado.
Como nas anteriores edicións os participantes rondan o medio centenar. Entre os produtores destaca a horta bio, meles, cervexas artesáns, carne ecolóxica, ovos de galiña de Mos, unha amplia oferta de queixos, pans e conservas ecolóxicas. No eido da artesanía haberá canteiros, talladores de cristal e todo tipo de complementos de coiro. Ademáis estará presente a cosmética ecolóxica, o deseño téxtil, xoiería e, como novidade, unha gran oferta de produtos naturais para bebés.
Programa de actividades
horario |
tipo de actividade |
título |
12.00 a 13.00 | OBRADOIRO con Chirliña | Samaín en Feira |
13.00 a 14.00 | OBRADOIRO | Taller musical |
17.00 a 18.00 | OBRADOIRO con León Lagata | Broches de Samaín |
17.00 a 19.00 | DEGUSTACIÓN GRATUÍTA |
Merenda en FEIRA: chocolate, infusións e pastas ecolóxicas |
17.30 a 18.00 | CONFERENCIA de A.P.E.G.A. |
“Cultivo biolóxico no restaurante De tapa en cepa” por Juan Carlos Perret, Cociñeiro |
18.00 a 18.30 | CONFERENCIA de A.P.E.G.A. |
“A pioneira da agricultura ecolóxica na comarca de Vigo” por Ágatha Broeskamp |
18.30 a 19.00 | OBRADOIRO |
Astronomía: “O ceo en outono” pola Agrupación Astronómica Rías Baixas |
Máis información en facebook.com/feiramercadodeprodutostradicionais