Charlas y conferencias no image

Publicado el 26 de octubre de 2012 | por Fer Martínez

0

Xuventude en Movemento en Tui e Valença o 26 e 27 de outubro

Xuventude en Movemento é unha campaña de difusión sobre as iniciativas europeas en materia de xuventude que promove a Unión Europea. Chega esta fin de semana á Eurocidade Tui-Valença cun amplo programa de actividades de información, de formación e tamén de lecer. Esta campaña comeza hoxe, venres 26 cun concerto de apertura coas bandas Maryland, de Vigo e A Jigsaw, de Coimbra. Ao longo da xornada do sábado a carpa instalada no céntrico Paseo da Corredoira tudense acollerá xunto a diversos stands de institucións relacionadas coa promoción do emprego e a formación da mocidade, diversos encontros ou talleres sobre estas materias. Dentro das actividades do sábado, a organización destaca as seguintes.

Programación destacada Xuventude en Movemento, 27 de outubro

11.00: Networking e busca de emprego

Como empregar as redes sociais para atopar emprego e novas saídas profesionais. Esta charla está impartida polos responsables do Instituto Superior de Administraçao e Gestao (ISAG) de Porto – Portugal que estarán abertos a responder a todas as consultas e dúbidas que queiran formular os participantes neste encontro de “Xuventude en movemento”

11.30: Para que serve o Eures?

A rede Eures ofrece vacantes de emprego en máis de 31 países europeos, recolle currículos de candidatos interesados nas prazas ofertadas, informa sobre todo o que se precisa para vivir e traballar nos países da Unión Europea, etc. É unha moi ampla e útil ferramenta europea para o emprego pero que posúe un reducido coñecemento polos mozos e mozas de Galicia e Norte de Portugal. Os responsables do Eures Transfronteirizo realizarán unha exposición deste servizo e informaran de xeito directo ás consultas que se realicen.

16.00: Para que serve o Enterprise Europe Network?

Esta rede proporciona asistencia profesional especializa a empresas e emprendedores para explotar ao máximo as oportunidades de negocio a nivel europeo, asi como asistencia en procesos de transferencia de tecnoloxía e sobre programas europeos de financiamento. Esta charla-taller estará a cargo da Confederación de Empresarios de Galicia.

16.15: Que é o Erasmus para mozos emprendedores?

Paralelo ao programa de intercambios para estudiantes este programa europeo ofrece a posibilidade de traballar, por un período de ata seis meses, nunha empresa doutro país europeo adquirindo experiencia e intercambio de ideas. Esta charla estará a cargo de José Luis Villaverde de Uninova (Iniciativas Empresariais Innovadoras) da Universidade de Santiago de Compostela.

Programa completo
Click para aumentar

Actividades o sábado desde as 10.30 ás 20.00

Se completa o programa desta xornada con outros cinco obradoiros, charlas e debates sobre materias relacionadas co emprego e a formación no ámbito da Unión Europea e que abren novas expectativas de futuro para a mocidade. Podedes ver o programa completo pulsando na imaxe da dereita. Finalmente na clausura da campaña o sábado ás 19.30 terá lugar a actuación do mago galego Martín Camiña que combinará un espectáculo no que hai monólogos, humor e trucos de maxía.

A campaña Xuventude en Movemento levarase a cabo nunha carpa instalada no Paseo da Corredoira, en Tui (MAPA)

Máis información

¡Compártelo!

Tags: , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑