Actividades infantiles no image

Publicado el 23 de octubre de 2012 | por Fer Martínez

0

II Festival Internacional de Curtametraxes de Vigo: Curtopía 2012 (27 e 28 de outubro)

O festival Curtopía botou a andar hai xa 2 anos e neste 2012 transfórmase nunha romería audiovisual. Os vindeiros días 27 e 28 de outubro nas instalacións de Alg-a Lab en Valladares, volverá á vida este festival a pesar da falta de apoio institucional e as adversas condicións. Un festival independente, autoxestionado e de espírito crítico.

As curtametraxes seguen a ser a base do festival, pero estarán arroupadas por un completo calendario de actividades. Música en directo, fotografía tradicional, cómics, videoxogos, clowns ou mercadiño. Todas as actividades son de entrada libre.

Programación Curtopía 2012

SÁBADO 27

No espazo Baixo-Pedra

16.00 Raias Traveseiras

Nesta mostra poderemos ver catro curtas sobre as migracións e as súas consecuencias. Achegarémonos primeiro a unha vila de Senegal, para voar despois ás cidades de Madrid e París. Raias Traveseiras é un proxecto que comeza antes de Curtopía e que continuará despois do Festival na procura das historias de esas persoas que deciden vivir a súa vida en movemento.

Imaxe de Curtopía na súa primeira edición

17.15 Novos Realizadores I

Curtas realizadas por novos/as creadores do eido audiovisual galego. Traballos realizados en escolas de audiovisual, colectivos e artistas que utilizan a imaxe e o son como medio de expresión.

19.00 Etnografîas Undergroud

ABarlovento presenta unha selección de curtas galegas; unha road-movie polos nosos carreiros mais enchoupados, a mirada de esguello duns mergulladores da memoria emerxente que nos descobren novas historias que coidabamos de coñecer.

20.30 Persoeirxs do Mainstream

ABarlovento presenta unha selección de curtas galegas onde as persoas tórnanse persoeiros e persoeiras a través da descuberta do cotián como verdadeiro mainstream.

21.45 Presentación Angélica y Roberta

Proxección en presenza das súas creadores de Angélica y Roberta, unha serie que revolucionou o mercado de webseries.

A banda Dreams of Dolly Sheep

22.30 Concerto 23RedAnts

23.15 Proxección Entre Pipas (webserie)

23.30 Concerto Ke Perkussion

00.30 Proxección Entre Pipas (webserie)

00.45 Concerto Dreams of Dolly Sheep

02.00 Orquestra Exploratória Alg-a Residentes

Na sala HerméTICa

16.45 Obradoiro Percusión

A cargo de Ke Percussion, que ofrecera obradoiros de percussion de man e instrumentos reciclados, totalmente de balde.

Imaxe de Curtopía na súa primeira edición

18.15 Planifica a Crise

Nesta actividade se poderá ver o resultado da convocatoria aberta de ideas en torno ao uso da panificadora do centro de Vigo. Tamén se proxectará un documental sobre o carismático edificio, acompañado dunha mesa redonda.

20.30 Novos Realizadores II

22.00 Curtametraxes Physlikos, Aphysikos

DOMINGO 28

No espazo Baixo-Pedra

A banda Ke Percussion

12.00 Restrospectiva Enrique R. Baixeras

15.30 Proxección Novos Realizadores II

14.30 Comida Popular

15.30 Batucada Ke Perkussión

16.30 Djammal. Clown on Poping, pallaso de rúa para nenos e maiores

Na sala HerméTICa

13.00 Proxección Raias Traveseiras

14.15 Proxección Novos Realizadores I

***

II Festival Internacional de Curtametraxes de Vigo: Curtopía 2012 celébrase os días 27 e 28 de outubro no Laboratorio Alg-a, camiño da Igrexa 254 en Barrocas, Valladares (MAPA) Podes chegar ata alí na liña C7 de Vitrasa.

  • Haberá un Vitrasa ás 3.30 do sábado para baixar despois dos concertos

Mais información

¡Compártelo!

Tags: , , , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑