Actividades infantiles no image

Publicado el 22 de octubre de 2012 | por Fer Martínez

0

Actividades de outubro a decembro na Biblioteca Xosé Neira Vilas

A Biblioteca municipal Neiras Vilas xa está levando a cabo a súa programación para o outono de 2012, continúa coa programación permanente de Os sabadiños do Roque e a Hora dos Contos, esta última pasa para os xoves. Despois do éxito das sesións do curso pasado, volven tamén os Arrolos e contiños para os máis cativos e os Contos dakí para o público adulto.

Pero ademais, hai preparadas novas sesións de Achégate á internet e Achégate á internet: procura de emprego, ademais da celebración do Día das Bibliotecas con Francisco Castro e dun obradoiro no que aprender todos os segredos da cerámica con Emilia Guimeráns durante as vacacións de nadal. Todo isto acompañado das mostras Follas caídas e Xabarín 18.

O sabadiño de Roque

O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario, visita a biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir cos máis pequenos as súas aventuras: cada mes viaxa a unha cidade ou pobo de Galicia.

  • Sábados 3 de novembro e 1 de decembro
  • Ás 12.00
  • Actividade para nenos de 3 a 10 anos
  • Inscrición a partir do día 15 do mes anterior

Entre arrolos e contiños

Os nenos compartirán con aqueles que os coidan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos.

  • Sábados 17 de novembro e 15 de decembro
  • Ás 12.00
  • Actividade para nenos de 12 meses a 3 anos acompañados
  • Inscrición a partir do día 1 do mesmo mes da sesión

A hora dos contos

Un proxecto de animación á lectura onde cada mes presentaremos diferentes contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta.

  • Xoves 8 de novembro e 13 de decembro
  • Ás 18.00
  • Actividade para nenos de 3 a 10 anos
  • 30 prazas, entrada libre ata completar aforamento

Contos dakí, contacontos para adultos

O último venres de cada mes visitan a Biblioteca Neira Vilas algúns dos contadores de máis renome do panorama galego, para deleitar aos nosos usuarios cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotidianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todos aqueles que teñan o pracer de escoitalas.

  • 26 de outubro Celso Fernández Sanmartín
  • 30 de novembro Paula Carballeira
  • 28 de decembro Avelino González
  • Ás 19.30
  • Entrada libre

Follas caídas: mostra bibliográfica de outono

Durante estes meses de outono a bilbioteca expón unha selección co máis representativo do seu fondo bibliográfico relacionado con esta estación, os libros estarán a disposición de todas as persoas que se acheguen a biblioteca.

  • Ata o 31 de decembro

Xabarín 18: mostra artística

A Biblioteca Neira Vilas recolle a mostra realizado polo EEI Monte da Guía de Vigo e o CEP de Sequelo de Marín por mor do 18 aniversario do “Xabarín” Club, da Televisión de Galicia.

  • Do 1 ao 30 de novembro

Achégate á cerámica con María Guimeráns

A biblioteca quere ofrecer aos máis pequenos unha alternativa nas mañás de Nadal, ao tempo que achegalos ao mundo da cerámica, de forma que esperte neles o amor polas artes e o interese polos libros que tratan esta temática.

  • Para nenos entre 5 e 12 anos
  • 26 e 28 de decembro e 2 e 4 de xaneiro
  • Ás 11.00
  • Inscrición a partir do 1 de decembro

Achégate á Internet

Ante o éxito das pasadas edicións, e a crecente demanda por parte dos usuarios, preséntase unha nova edición deste proxecto de alfabetización dixital. Para maiores de 16 anos con escasos ou ningún coñecemento de informática ou Internet.

  • Do 12 ao 16 de novembro
  • De 10.00 a 12.00 (10 horas totais)
  • 6 persoas por sesión
  • Inscricións do 1 ao 10 de novembro

Achégate á Internet: procura de emprego

Obradoiro de manexo básico na rede esta vez centrado na procura de traballo a través da Internet. Destinado a persoas con escaso coñecemento de informática ou Internet maiores de 16 anos.

  • Do 11 ao 14 de decembro
  • De 10.00 a 12.00
  • 6 persoas por sesión, sesións independentes
  • Inscricións a partir do 15 de novembro

Todos os obradoiros son gratuítos e as prazas adxudícanse por orde de inscrición, cada unha ten o seu prazo de solicitude propio. Proceso de inscrición:

A Biblioteca municipal Neira Vilas está en Martínez Garrido, 21

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑