Leo Bassi hoxe 17 de outubro no CUVI
A programación cultural do campus de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria arranca hoxe coa actuación do irreverente Leo Bassi e a entrada é libre ata completar aforamento. O coñecido cómico presenta o seu espectáculo The best of Leo Bassi no que recompila o mellor dos espectáculos dos últimos anos, textos que como o propio cómico recoñece, son parte da súa vida.
The best of Leo Bassi que fora prohibida polo alcalde de Santiago de Compostela, Conde Roa, en abril deste ano, chegará despois de ser representada en Vigo a escenarios de Teo e Lugo. Neste espectáculo o cómico italiano repasa durante hora e media os momentos máis divertidos de obras como Instintos ocultos, A revelación ou A vendetta nas que a relixión, a banca, o capitalismo ou a política non escapan á crítica libre deste sucesor dunha estirpe de pallasos que emprega a risa como arma de cambio.
- Cando? Hoxe, 17 de outubro ás 18.30
- Onde? Salón de actos de CC. Económicas e Empresariais
- Entrada libre ata completar aforamento
Máis información en extension.uvigo.es