Xornada sobre cooperativismo en Soutomaior o 23 de outubro
A Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo en colaboración cos concellos de Redondela, Soutomaior, Fornelos de Montes e Pazos de Borbén organiza un obradoiro de divulgación do cooperativismo.
Trátase dunha actividade formativa gratuíta e presencial no Centro Neural do Concello de Soutomaior dirixida a persoas desempregadas, novos emprendedores, promotores de iniciativas de economía social e persoal das administracións públicas locais relacionados coas políticas de promoción económica e desenvolvemento local.
As cooperativas constitúen unha ferramenta e unha oportunidade para a xeración de emprego e riqueza. Está demostrado a súa capacidade de resistencia nun entorno económico adverso como o actual. Neste obradoiro daranvos a coñecer a fórmula cooperativa como alternativa válida e viable para o emprego.
- Martes 23 de outubro
- De 10.30 a 13.30 (3 horas)
- No centro multiusos de Arcade/Soutomaior, R/ Peirao nº 8, Arcade
Para solicitar a túa praza cubre este formulario e mándao por correo a ofi.cooperativismo@maiv.org. Hai 20 prazas e serán adxudicadas por orden de solicitude.
Máis información
- redondela-server.net
- 986 423 366
- ofi.cooperativismo@maiv.org