Cultura no image

Publicado el 15 de octubre de 2012 | por Fer Martínez

0

Arredor do mar: exposición fotográfica no Museo do Mar

Bañistas na praia de Canido (Martín Echegaray,1920)

O Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, albergará ata o 6 de xaneiro de 2013 a exposición fotográfica Arredor do mar, que amosa a fascinación que as vilas mariñeiras da provincia de Pontevedra e as súas xentes despertaron entre fotógrafos de recoñecido prestixio e afeccionados á fotografía do século XIX e XX.

No peirao da Moureira (Joaquín Pintos,1900)

Composta por 64 instantáneas pertencentes ao arquivo gráfico do Museo de Pontevedra, moitas delas inéditas, Arredor do mar poderá contemplarse na Sala de Exposicións Temporais. Propón un percorrido ao pasado de vilas mariñeiras como Bueu, Moaña ou A Illa de A Toxa a través da súa memoria fotográfica e grazas ao traballo de prestixiosos fotógrafos coma Francisco Zagala, Lorenzo Novás, Joaquín Pintos, Otto Wunderlich, Enrique Sarabia ou José Suárez.

Illa de Toralla (Martín Echegaray, 1924)

As imaxes máis antigas son obra de Francisco Zagala e o seu discípulo e sucesor Lorenzo Novás. Son fundamentalmente fotografías de finais do s. XIX, que retratan a vida ao carón do mar, o traballo dos mariñeiros, das mariscadoras ou nas fábricas de conservas. Unha óptica diferente, a do mar como destino turístico, é a que ofrece o fotógrafo alemán Otto Wunderlich, quen percorreu en 1929 a provincia de Pontevedra.

A visión sobre o mar e o que sucede ao seu redor enriquécese nesta exposición a través tamén da mirada de fotógrafos afeccionados coma o empresario vigués Martín Echegaray, o xuíz José Bellver, o comandante de infantería Julio Fernández de los Ríos ou o empresario italiano Attilio Gaggero, que tiñan na arte da fotografía unha das súas grandes paixóns.

Arredor do Mar estará ata o 6 de xaneiro no Museo do Mar

  • Avda Atlántida, 160
  • Entrada xeral a todo o museo: 3€
  • O resto de modalidades de entrada as podes consultar aquí
¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑