Feira de segunda man e produtos artesáns e ecolóxicos en Gondomar o 13 de outubro
A Cooperativa Nornas Hostel de Gondomar celebra o vindeiro sábado 13 unha feira de segunda man e produtos ecolóxicos e artesáns. A feira contará con obxectos de segunda man como roupa, complementos e decoración; varias artesáns compartirán o espazo poñendo á venda xabóns, bandexas e artígos elaborados con fimo; e estarán presentes as empresas Ecoenvío con produtos ecolóxicos e Biogalia, que ofrece complementos alimenticios.
Ademais dos postos de venda tamén se poderá desfrutar de pinchos e bebidas a prezos populares, para non pasar fame mentras charlamos cos feirantes e rebuscamos entre os postos. A feira estará amenizada durante todo o día con música da DJ alemana Karina Posse que fará un pase especial para pechar o día.
HORARIOS
Os postos estarán abertos de 12.00 a 14.00 e de 17.00 en adiante. A barra con comida e bebida estará aberta todo o día, por se alguén decide quedarse a xantar nas tumbonas de Nornas Hostel.
Nornas Hostel é un albergue sito en Gondomar en Barrio da Igrexa, 15 (MAPA)