Conciertos no image

Publicado el 4 de octubre de 2012 | por Fer Martínez

0

Festival Leverelem das artes da fala en Pontevedra o 5 e 6 de outubro

Normalmente non falamos de plans en Pontevedra, pero algunhas veces, cando o plan é moi interesante recomendámosvos coller o coche e ir ata a capital da provincia. Neste caso a festa vén da man de aCfolque, o Centro galego de música popular e chámase Leverelem, un festival das artes da fala cheo de música e arte escénicas en galego. Este festival celébrase hoxe e mañá no Teatro Principal de Pontevedra e a entrada é moi económica, 3€ por día.

O Leverelem un festival adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua. Son dúas noites de espectáculos únicos na cidade de Pontevedra sobre a arte vocal dun xeito aberto para toda a cidadanía de todas as idades, condicións e estados de ánimo.

Leverelem das artes da fala 5 e 6 de outubro en Pontevedra

Vernes 5 outubro
Radio ao vivo
 conducida por Xurxo Souto, espectáculo aberto ao público e convidados en palco nunha sucesión de intervencións curtas e dinámicas. Entrevistas, pequenas actuacións, ambientación musical… coa presenza de Sés, Trioliro Regueifeiros, Paulina Ceremuzynska, Novos Diplomáticos, ConVersos e Aula Folque Infantil.

Sábado 6 outubro
Noite de variedades conducida por Quico Cadaval, espectáculo de variedades ao redor da palabra e da fala, en clave de humor, animada por comendiantes, cantantes e músicos. Unha viaxe polos diferentes xeitos de usar a lingua para comunicarse co público, divertilo ou informalo dende a tradición até a contemporaneidade. Coa presenza de Chévere, Cabraret, Paula Carballeira, Triateros, Marián Bañobre e Pel de Noz.

  • Entrada 3€ por día
  • Venres e sábado ás 21.00
  • No Teatro Principal de Pontevedra (MAPA)
  • Tamén poderemos desfrutar de pasarrúas por Pontevedra a partir das 19.00

Máis información en facebook.com/pages/aCentral-Folque/218802964992

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑