Charlas y conferencias no image

Publicado el 3 de octubre de 2012 | por Fer Martínez

0

Conferencias “A saúde desde a perspectiva de xénero” no mes de outubro

A Concellería de Igualdade de Vigo organiza unha campaña formativa de carácter gratuíto sobre a saúde desde a perspectiva de xénero, co fin de analizar o xénero como elemento determinante na saúde das mulleres e nenas.

Entre os obxectivos destas charlas está iniciar unha campaña sobre os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, analizar o xénero como elemento determinante na saúde das mulleres e nenas e concienciar sobre os riscos de saúde das mulleres vinculadas cos roles de xénero.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición está aberto ata o día 16 de outubro. As persoas interesadas deberán inscribirse antes do día 16 de outubro na Concellería de Igualdade, sita primeiro andar da Casa do Concello, ou ben a través do teléfono 986 810 284, en horario de 8.00 a 14.00. Son un total de 5 charlas que comezan o día 17 e rematan o 31 de outubro. Aquí tedes o programa:

Mércores, 17 de outubro ás 19.00
“Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres” con Cristina Pastoriza Ferradás, psicóloga

Xoves, 18 de outubro ás 18.30
“Sexualidade e madurez : a danza das bolboretas” con Mónica Couso Fuentes, sexóloga

Mércores, 24 de outubro ás 19.00
“Unha ollada á saúde desde a perspectiva de xénero” con Carmen Albo López, hematóloga

Xoves, 25 de outubro ás 19.00
“A saúde emocional” con Carmen Clavería Prada, psicóloga

Mércores, 31 de outubro ás 19.00
“Impacto das novas reformas sanitarias na saúde das mulleres” con Cristina Pastoriza Ferradás e Carmen Albo López

Máis información

fonte: xornal.vigo.org

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑