Homenaxe a Fito Domínguez de A Roda o 13 de outubro [Entradas agotadas]
O sábado 13 de outubro todos os vigueses estamos invitados a homenaxear a Fito Domínguez, o fundador do grupo vigués A Roda recentemente falecido. Fito Domínguez era todo un símbolo da cidade e do celtismo moi querido polos vigueses. Esta gala contará coa presenza da banda A Roda acompañada de numerosos artistas da escena musical galega coma Mini e Mero, Xurxo Souto, Anxo Pintos ou Susana Seivane entre outros.
O 13 de outubro no Auditorio Mar de Vigo
Esta homenaxe vaise celebrar no Auditorio Municipal Mar de Vigo o sábado 13 de outubro ás 22.00. A entrada é gratuíta pero con invitación, para solicitar as invitacións hai que chamar ao teléfono de Atención Cidadá 010. Invitámosvos a todos a acudir a esta homenaxe dun persoeiro vigués tan destacado como foi Fito Domínguez na que non faltarán os temas que fixeron máis popular á banda A Roda, como Pousa ou A Rianxeira.
Máis información
- Teléfono de Atención Cidadá 010 de 8.00 a 20.00 de luns a xoves
Fonte: xornal.vigo.org