Ciclo de charlas sobre a muller nas creacións literarias no Centro de Recursos Feministas en outubro
No marco das actuacións do IV Plan integral de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo, o Centro de documentación e recursos feministas, sito na Biblioteca Pública Central organiza un ciclo de charlas sobre a representación feminina nas creacións literarias e nos distintos xéneros literarios. O ciclo terá lugar todos os martes do mes de outubro ás 19.00 e a entrada é libre ata completar o aforamento. Este é o programa:
2 de outubro
“Literatura Queer: Ser queer ou non ser queer” por Beatriz Súarez Briones, profesora de crítica literaria na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
9 de outubro
“Literatura infantil e xuvenil” por Montserrat Pena Presas, licenciada en filoloxía galega e Pilar Sampedro Martínez, docente, asesora de formación
16 de outubro
“Novela negra e policíaca” por Rosa Vidal, licenciada en filoloxía hispánica e escritora
23 de outubro
“Banda deseñada e novela gráfica” por María Vilar, debuxante, entintadora e ilustradora
30 de outubro
“Literatura fantástica e ciencia ficción” por Lola Robles, licenciada en filoloxía hispánica e escritora
Diploma acreditativo
Se estás interesado en recibir un diploma acreditativo pola túa asistencia tes que contactar previamente co Centro de documentación e recursos feministas no e-mail centro.documentacion.feminista@vigo.org ou no teléfono 986 229 074 e deberás asistir a todas as sesión do ciclo.
O Centro de documentación e recursos feministas está na Biblioteca Pública Central de Vigo
- Rúa Joaquín Yáñez 6, 2º andar
- hoxe.vigo.org
- 986 229 074
- centro.documentacion.feminista@vigo.org
Fonte: xornal.vigo.org