Aire libre no image

Publicado el 28 de septiembre de 2012 | por Fer Martínez

0

Rutas de sendeirismo da Concellería de Medioambiente en outono

O programa de educación medioambiental Camiño a Camiño desenvolto pola Concellería de Medio Ambiente ten previsto para o cuarto trimestre de 2012 unha serie de actividades relacionadas coa natureza. Desde Vigo Low Cost queremos falarvos das rutas de sendeirismo que van organizar e que son para todos os petos. Estas rutas están compostas de varias visitas guiadas por Vigo e bisbarra.

Sendas por Vigo e bisbarra organizadas por Vigo Camiño a Camiño

SENDEIRO DAS GREAS: neste outono faranse 6 etapas deste sendeiro, o máis longo de Galicia e que discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. O nome do sendeiro procede das greas de cabalos e, de feito, percórrense moitas zoas de curros e rapas.

  • 7 de outubro, etapa 7: Gándaras de Budiño – Val de Louriñá
  • 14 de outubro, etapa 8: Faro de Budiño – Confurco
  • 21 de outubro, etapa 9: Mos – Serra do Galleiro
  • 28 de outubro, etapa 10: Sequeiros – Río Barragán
  • 4 de novembro, etapa 11: Soutomaior – Ventosela
  • 11 de novembro, etapa 12: Negros – Vigo

Características: hora de convocatoria en Praza do Rei ás 9.00, para saír ás 9.30. Volverase aproximadamente ás 15.00 á Praza do Rei. Grupo de ata 300 persoas. O desprazamento realizarase nun autobús discrecional cun cargo de 3€ aos participantes excepto aos menores de 14 anos que irán de balde, este pago realizarase no propio autobús.

SAÍDAS CLÁSICAS POR VIGO: ideais para os principiantes no sendeirismo, rutas no término municipal para pór en valor a beleza da nosa contorna.

  • 18 de novembro, clásica 1: Zamáns – Galiñeiro
  • 25 de novembro, clásica 2: Monte dos Pozos – Saiáns
  • 2 de decembro, clásica 3: Encarnación – Vixiador

Características: hora de convocatoria en Praza do Rei ás 9.00, para saír ás 9.30. Volverase das rutas ás 14.00 á Praza do Rei. Grupo de ata 300 persoas. Desprazamento en autobús urbano, gratuíto para todas as idades.

Inscrición nas rutas por Vigo e Bisbarra: no teléfono de atención cidadá, 010, na semana na que se realice a actividade. O horario do 010 é de 8.00 a 20.00 de luns a xoves.

Máis información:

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑