Celebración dos 150 anos da Praza do Pracer en Tui, domingo 30 de setembro
Este domingo en Tui celébrase o 150 aniversario da urbanización da Praza do Pracer, no casco vello da vila. Trátase dunha iniciativa do historiador Suso Vila e do Concello de Tui, que conta coa colaboración dos hostaleiros e comerciantes da zona de Intramuros que elaboraron o programa festivo deste domingo. Co mesmo buscan tamén pór de relevo que o conxunto histórico de Tui é máis que a catedral e hai tamén outros lugares con encanto.
Actividades todo o domingo 30 desde as 11.00
A celebración está dividida en dúas partes, durante o día poderemos desfrutar de postos na rúa, visitas guiadas e música folk nunhas actividades organizadas polo concello e a partir das 20.00 comezará A Noite Aberta na que varios establecementos da zona ofrecerán varias degustaciones e música. A continuación podedes ver a programación:
Postos de artesanía na Praza do Pracer con mostra de cestería, tecido, oleiría, trapillo, bixutería, e palilleiras. Postos de gastronomía na Praza da Estrela a cargo de Monumental, A Muralla, Viñoteca de García, Jaqueivi, A Adega, Viños e Tapas, Remesal e La Cava. Mostra de malla tradicional na Praza da Armada. Pasarrúas e actuacións de grupos folclóricos locais.
- Durante todo o día
- Postos de artesanía pechados de 14.30 a 17.00
Concerto de música folk a cargo de Begoña Riobó
- Ás 18.00 na Praza do Pracer
- Concerto gratuíto
Visita guiada conducida polo historiador Suso Vila polas prazas do Pracer, a Estrela e a Armada.
- Ás 19.00
- Actividade gratuíta
A Noite Aberta
Degustación de confituras ecolóxicas da empresa Amorodos na tenda de artesanía Porta da Pía.
- De 20.00 a 21.00
- Porta da Pía, 10
- portadapiaartesania.com
Proxección do documental “Contactos: la renovación de la fotografía contemporánea” na “Fototeca”. Fotógrafas como Sophie Calle, Nan Goldin e Duane Michals revelan os segredos da súa profesión.
- De 21.00 a 22.00
- Porta da Pía, 2
- fototecaestudio.es
- Entrada libre
Cata, degustación e presentación de Albariño Rías Baixas “O viño que naceu nun OVO” na Viñoteca de García.
- De 22.00 a 23.00
- Rua Seixas, 6
- facebook.com/vinotecadegarcia.tui
Sesión lixeira de indie-pop con Dj Argamboy na tenda Pía Que Pía.
- De 23 a 00 horas
- Porta da Pía, 9
- piaquepia.es
- Entrada libre
Fonte: concellotui.org