Marcha Popular polos montes de Cabral e Candeán o 23 de setembro
A Asociación Cultural O Coto da parroquia de Cabral organiza unha marcha que dános a oportunidade de coñecer os montes veciñais en man común de Cabral e Candeán. Unha oportunidade de desfrutar da natureza do noso concello. A marcha partirá do monte Vixiador e rematará en Cotogrande. Esta marcha está pensada para toda a familia e ten unha dificultade baixa.
Esta marcha realizarase o domingo 23 de setembro e sairá do monte Vixiador en Candeán ás 10.00
A hora de concentración é as 09.30, na saída farase o reparto de auga, do número de participante e entregarase un agasallo. Os participantes percorrerán uns 7 quilómetros ata Cotogrande, en Cabral. Ao final do percorrido haberá un autocar para volver ao punto de partida e se repartirá froita e auga para os participantes, ademais haberá sorteo de agasallos ao remate do percorrido.
Máis información e inscricións
- Organizadores: ocoto.org
- Teléfonos: 986 487 957 e 676 524 529
Esta actividade conta coa colaboración de: Concello de Vigo, Comunidade de Montes de Cabral, Comunidade de Montes de Candeán, Vitrasa, Fontecelta, Coca-Cola, Impermeabilizaciones Chiño, Comercial Aeropuerto, Ferretería Rinxela, Viveros y Jardines Crespo, Café Bar Vilaboa e Librería Arte e Ciencia.
Me gusta vigo low cost