Clubes de lectura na biblioteca central de Vigo
O luns 17 de setembro ábrese o plazo para formar parte dos clubes de lectura da bibioteca central de Vigo. Os clubes de lectura son grupos estables de persoas que len o mesmo libro e, unha vez á semana, se reúnen para comentalo. En estas reunións un coordinador ou coordinadora enriquece as reunións presentando ao autor, a súa época, a súa importancia literaria, etc.
Destacamos que na biblioteca central hai clubes de lectura en castelán e galego pero tamén en italiano, inglés, portugués, francés e alemán. A continuación podedes consultar o listado dos clubes de lectura e os seus horarios, todos comezan en outubro e rematan en decembro. Lembrade que os libros para o clube sempre os facilita a biblioteca e que as reunións se fan no idioma do clube:
Día e horario | Idioma do clube de lectura | 1ª reunión | Última reunión |
Luns de 18 a 19 |
Portugués | 8 outubro | 17 decembro |
Luns de 19 a 20 |
Italiano | 8 outubro | 17 decembro |
Luns de 19 a 20 |
Francés nivel medio | 8 outubro | 17 decembro |
Martes de 17.30 a 18.30 |
Galego e castelán | 9 outubro | 18 decembro |
Martes de 19 a 20 |
Inglés nivel básico | 9 outubro | 18 decembro |
Mércores de 19 a 20 |
Francés nivel básico | 17 outubro | 19 decembro |
Xoves de 19 a 20 |
Inglés nivel medio | 4 outubro | 20 decembro |
Venres de 18 a 19 |
Alemán | 5 outubro | 21 decembro |
Apuntarse nos clubes de lectura
O plazo ábrese o luns 17 de setembro ás 9.00, elixide ben o clube no que entrades porque non se pode faltar ás sesións na biblioteca. Para apuntarse tedes que chemar por teléfono ou ir en persoa por alí. É imprescindible ser socio da biblioteca, se aínda non o sodes, teredes que facer o carnet antes de apuntarvos.
A Biblioteca Pública Central de Vigo está na rúa Joaquín Yáñez 6, Casco Vello
- Aberta de luns a venres de 9.00 a 20.30 e os sábados de 10.00 a 14.00
- Teléfono de información: 986 229 074
- http://rbgalicia.xunta.es/vigo/