Obradoiro de escrita creativa en galego en outubro
Este obradoiro organizado pola Concellería de Normalización Lingüística e Concellería de Xuventude está concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa e, quen acuda, terá a oportunidade de plasmar sobre o papel a experiencia que dan os anos e a memoria e, tamén, de converter as súas vidas en literatura. Todas as persoas que participen terán ocasión de escribir poemas, relatos, contos, etc. desde o primeiro momento.
Preténdese, en resumen, que as persoas participantes perdan o medo a escribir dándolle liberdade á súa imaxinación. O obradoiro estará impartido por Francisco Castro, escritor e cronista cultural en varios medios galegos e na actualidade traballando na Editorial Galaxia. A finais do ano 2010 foi tamén nomeado Presidente de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e a súa última novela publicada no ano 2011 foi In Vino Veritas.
- Este curso vaise a levar a cabo na Casa da Xuventude
- Os luns 1 e 8 de outubro de 17.00 a 19.00
- Para participar tes que realizar unha prescrición na Casa da Xuventude ou a través do correo electrónico xuventude@vigo.org.
Máis información:
- Concellería de Normalización Lingüística: 986 810 281
- Concellería de Xuventude: 986 294 806
fonte: xuventudevigo.org