Cursos e actividades organizados pola Asociación de Veciños de Teis para 2012 e 2013

Click para aumentar
A Asociación de Veciños de Teis vén de comunicar os cursos que organizan para o curso 2012-2013. as actividades organizadas por esta asociación levaranse a cabo no Centro Cívico de Teis e teñen prezos variados. Destacamos que os cursos para maiores son de balde e que teñen un proxecto chamado “Aula Aberta” no que calquera pode apuntarse para ofrecerse como monitor de obradoiros. As actividades son moi variadas: cociña, danza zumba ou internet entre outras e abarcan tódalas idades.
Cursos para nenos e rapaces
Dirixidos a nenos de 4 a 12 anos, cun prezo de 10€ ao mes
- Art-Attack Fomenta a creatividade e a imaxinación neste divertido curso de manualidades
- Pintura Aprende de xeito sinxelo as técnicas básicas de pintura
- Cociña Convírtete nun pequeno chef e aprende a comer de xeito saudábel
- Gaita e percusión Forma parte do grupo de gaitas e percusión e disfruta da música tradicional
Dirixidos a nenos de 4 a 12 anos e gratuítos
- Ludoteca Coñece novos amigos xogando de xeito intelixente e divertido
- Clube de lectura Faite socio e participa dos contacontos, obradoiros e préstamo de libros
- Festas e obradoiros Achégate ao centro para disfrutar das actividades organizadas en datas especiais como samahín, nadal, etc
Dixiridos a rapaces de 12 a 18 anos, cun prezo de 10€ ao mes
- Radio Iníciate no mundo da radio de mans de profesionais e crea un programa de radio
- Cine de animcación Descubre os secretos e técnicas do cine de animación e stop motion e realiza a túa primeira curta
- Internet: blogs e webs personais Ponte ao día nas novas tecnoloxías e crea os teus propios sitios en internet
- Clube cultural Forma parte do grupo e visita os museos e espazos culturais máis interesantes da cidade, participa nos obradoiros e actividades
- Certame documental “Docuteis” Participa a través do teu centro de ensino do certame para xóvenes de creación de documentais
Cursos para adultos dirixidos ao público xeral, de 16€ a 26€ por mes
- Cultivo de bonsais Coñece os aspectos básicos desta milenaria tradición oriental
- Baile mixto Descubre os principais bailes latinos, de salón e danzas do mundo. Individual, en parella e grupal
- Cociña actual Aprende cociña de xeito ameno neste curso para non expertos/as
- Artesanía Técnicas tradicionais e modernas impartidas por profesionais de diferentes especialidades de artesanía
- Técnicas de relaxación Reduce a tensión física e mental a través do Ioga e outras técnicas
- Estética e beleza Aprende técnicas clave de estética e autocoidado persoal
- Guión de cine Familiarízate cos principais mecanismos técnicos e narrativos dos guións de cine
- Cómic Achégate ao mundo da ilustración de cómics neste curso práctico
- Danza zumba Combina música internacional e latina nun sistema divertido e efectivo de adestramento físico
- Informática Coñece os programas e ferramentas básicas para o manexo do ordenador e de Internet.
- E ademais hai a posibilidade de que se organicen cursos de gaita, percusión, bolillos, patronaxe básico e pintura ao óleo
Cursos para maiores, inscrición de balde
- Memoria Practica as técnicas para o fortalecemento e exercicio da memoria
- Ximnasia Mantente en forma con actividades enfocadas a mellorar a mobilidade
- Dinámicas de grupo Mellora a autoestima, a comunicación e as relacións sociais nestes obradoiros
- Escola de adultos Reforza os coñecementos e accede a cultura a través de clases prácticas e participativas
- Camiños culturais Forma parte do grupo e visita museos e lugares de interese coñecendo de xeito ameno a túa cidade e a súa cultura
- E ademais coñece xente e desfruta a través das festas e excursións que se irán organizando próximamente
Os horarios
Os horarios das actividades aínda non están definidos xa que dependen das instalación e da cantidade de inscritos. As sesións durarán entre unha hora e dúas. Recomendámosvos contactar coa Asociación de Veciños de Teis para coñecer os cursos con máis profundidade e os horarios nos que rematarán facéndose as actividades.
Proxecto “Aula Aberta”
A Asociación de Veciños de Teis tamén procura profesores esporádicos, persoas que queiran organizar con eles obradoiros intensivos e compartir o seu coñecemento ou habilidade nunha determinada materia. A condición é que os obradoiros duren unha xornada como máximo. Están abertos a calquera proposta (cociña, xardinería, baile, masaxes…) os obradoiros de “Aula Aberta” serían gratuitos.
O Centro Cívico de Teis está en Camiño das Maceiras, s/n (MAPA)
Asociación de Veciños de Teis
- 986 26 60 45
- ccteis@hotmail.com