Cursos de audiovisuais, música e informática no Vigosónico en setembro
O espazo para a mocidade Vigosónico lanza de novo os seus cursos de imaxe, son, música e informática. Nesta ocasión temos 6 cursos diferentes que, avisamos, cubrirán as prazas moi rápido. A matrícula ábrese o venres 7 de setembro xa está aberta e o día 11 xa contactarán cos admitidos. Os cursos comezan en setembro e rematan en outubro.
Todos os cursos son de balde, a inscrición está aberta desde o venres 7 de setembro. A inscrición realizarase a través da web do Vigosónico, enchendo un formulario. As prazas outorgaranse por orde de chegada das solicitudes. Terán prioridade as persoas empadroadas en Vigo e con idades comprendidas entre 13 e 35 anos. A confirmación dos admitidos nos cursos farase por correo electrónico a partir do 11 de setembro, martes.
OS CURSOS
EDICIÓN DE IMAXE CON ADOBE PHOTOSHOP
- 8 horas de duración
- Xoves 13, 20, 27 de setembro e 4 de outubro
- De 17.00 a 19.00
INICIACIÓN MUSICAL
- 8 horas de duración
- Venres 14, 21, 28 de setembro e 5 de outubro
- De 17.00 a 19.00
INFORMÁTICA PARA TRABALLAR
- 12 horas de duración
- Venres 14, 21, 28 de setembro e 5 de outubro
- De 17.00 a 20.00
EDICIÓN DE VIDEO CON ADOBE PREMIERE
- 8 horas de duración
- Sábados 15, 22, 29 de setembro e 6 de outubro
- De 16.30 a 18.30
INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL
- Dúas quendas de 6 horas cada unha
- 1ª quenda: sábados 15 e 22 de setembro
- 2ª quenda: sábados 29 de setembro e 6 de outubro
- Ambas quendas de 17.00 a 20.00
OBRADOIRO DE SON EN DIRECTO
- 4 horas de duración
- Venres 28 de setembro
- De 17.00 a 21.00
Vigosónico atópase en Estrada do Portal, s/n (MAPA) na entrada ao Polígono Tecnolóxico de Valadares, ao lado do vial de baixada da universidade. Podedes chegar ata alí nas liñas de Vitrasa U1, C7 e L8.
- Formulario de inscrición: xuventudevigo.org/vigosonico/
Sabeis que precio tienen los cursos?
Todos los cursos que organiza Vigosónico son gratuitos. Un saludo.