Actividades infantiles no image

Publicado el 31 de agosto de 2012 | por Fer Martínez

1

Mercado de produtos tradicionais galegos o 1 de setembro no Casco Vello de Vigo

Non sei se lembraredes que hai xa máis de medio ano celebrábase no Paseo de Alfonso XII un mercado tradicional unha vez ao mes. Este mercado desapareceu por un tempo e agora volve con máis forza e unha nova ubicación. Mañá, sábado 1 de setembro, iníciase unha nova etapa de FEIRA, o mercado medra e trasládase do Paseo de Alfonso á Praza da Pedra onde se ubicarán máis de trinta expositores con postos de produtores de alimentos e artesáns.

A procedencia dos participantes abarca toda Galicia e destaca por riba de todo a ampla selección de artesáns vigueses. Como ata agora, FEIRA é un mercado ao aire libre de carácter mensual que porá á disposición da cidadanía produtos tradicionais galegos de calidade. Poñer en valor a nosa artesanía e recuperar a vella tradición dos mercados ao aire libre do Casco Vello é o obxectivo desta iniciativa cultural.

O horario do mercado será de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 e ademais de exposición e venda de produtos durante todo o sábado haberá actividades vinculadas á gastronomía e á artesanía.

Degustación de produtos galegos

A Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos (APEGA) colabora na feira organizando unha degustación de produtos de temporada, principalmente tomate, así como unha cata dirixida pola cociñeira Gloria Domecq e un obradoiro de aceites aromatizados. Estas actividades desenvolveranse a partir das 13.00.

Obradoiros

Pola mañá, desde as 12.00 haberá obradoiros para familias impartidos por Belén Alonso da firma Chirliña no que se realizarán obxectos móbiles de artesanía ao tempo que Finu Canda, de Candacol, impartirá un cursiño sobre tocados.

A partir das 18.00 haberá un obradoiro de ilustración impartido polo artista Iván R e outro de xoiería de Ramón Avendaño, das firmas latonta y larubia e Conchita ha vuelto a beber. Ademais haberá unha exposición e demostracións de transformación de mobles nas que se poderán ver exemplos da nova vida que se lle pode dar aos mobles pasados de moda.

Conferencias e presentacións

Os labregos de APEGA impartirán a conferencia “O paso da agricultura convencional á agricultura ecolóxica” na que explicarán todos os cambios estruturais que trae consigo a agricultura ecolóxica e as melloras que se obteñen. Coñeceremos de primeira man o proceso de elaboración das diferentes variedades de cervexas artesanais que se realizan en Cangas coa marca Menduíña.

FEIRA, o mercado de produtos tradicionais galegos celébrase o 1 de setembro de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 na Praza da Pedra, no Casco Vello de Vigo (MAPA)

¡Compártelo!

Tags: ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Una respuesta a Mercado de produtos tradicionais galegos o 1 de setembro no Casco Vello de Vigo

  1. Muy buenas iniciativas!! también se celebra una nueva edición del mercadillo Soho que organizan los empresarios de la zona…un sábado muy entretenido!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑