Visita nocturna polas mámoas e petróglifos de Amoedo, Pazos de Borbén o venres 31 de agosto
Este venres 31 de agosto terá lugar unha visita nocturna guiada polas mámoas e petróglifos de Amoedo, en Pazos de Borbén. O enclave a percorrer presenta un conxunto de 22 mámoas e 60 petróglifos, a maioría representativos da arte rupestre abstracta, dos que visitarán os máis representativos. Antes da partida ao monte, Xosé Lois Vilar brindará un coloquio sobre mámoas e arte rupestre en Galicia.
O punto de encontro será ás 21.30 no Centro Cultural de Amoedo. A saída, organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Comunidade de Montes de Amoedo, estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar do IEM. Como en todas as saídas nocturnas, recoméndase levar lanternas, roupa apropiada para o monte e abrigo.
O Centro Cultural de Amoedo está en Barrio A Igrexa, 6 (MAPA)
- Comezo da actividade ás 21.30
- Esta visita é gratuíta
Máis información en minhor.org