Actividades infantiles no image

Publicado el 24 de agosto de 2012 | por Fer Martínez

0

Festa da Istoria en Ribadavia o 24 e 25 de agosto

Hoxe deu comezo unha das datas máis sinaladas do verán galego, trátase da festa da Istoria de Ribadavia, declarada de Interese Turístico Nacional. A Festa da Istoria recorda, ano tras ano, a historia desta vila e a súa bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.

Durante os dous días temos unha morea de actividades que sumadas á ambientación e ao propio casco vello de Ribadavia fan da festa da Istoria un evento único, recoméndase ir vestido acorde coa época medieval, por exemplo cunhas prendas de liño.

Pago en marabedís

A moeda da festa da Istoria é o marabedí, isto dálle máis ambientación á festa. O seu uso é obrigatorio nos postos de rúa e de artesáns e é recomendable en todos os establecementos da vila. Poderás cambiar os teus euros por marabedís no Banco da Alhóndiga, na Praza Maior. A primeiras horas da tarde xa se poden volver cambiar os marabedís sobrantes por euros.

Programación de actividades da Festa da Istoria 2012

VENRES 24 DE AGOSTO DE 2012

  • 11.00 Apertura do mercado medieval na alameda Actuarán grupos de animación e música medieval dende a apertura ata o peche do mercado
  • Recuncho infantil na Alameda de 11 a 14 e de 18 a 22
  • 11.30 Pasarrúas inaugural cos Bufóns da Corte, Cía. de teatro Toniton
  • 12.15 Animación musical, grupo “Acibreira”
  • 13.00 Espectáculo de circo
  • 13.30 Animación musical
  • 18.30 Animación musical
  • 19.30 Animación de rúa “Xan dos Bosques”
  • 20.30 Música medieval na igrexa de San Domingos: Polifónica Coruñesa Canticorum, Coro da Istoria, Coral Club Artístico, Baile Medieval “Donas e Cabaleiros” e Cuarteto de Clarinetes “La Lira”
  • 21.00 Teatro de rúa. “El Perfumero”
  • 21.30 Concerto da Banda La Lira. No Adro de San Domingo. Interpretarán adaptacións de música medieval
  • 22:00 Procesión da Cruz Verde polas rúas e prazas do casco histórico. Saída dende a Rúa San Martín (Casa da Inquisición) e rematado no Auditorio do Castelo
  • 23:00 Teatro “O Malsín”. No Auditorio do Castelo. Nesta obra de recreación histórica, realizada por voluntarios, represéntanse os feitos acaecidos en Ribadavia, cando un veciño, O Malsín, denuncia ante o Santo Oficio aos seus familiares e veciños por practicar ritos e cerimonias do xudaísmo
  • 23:30 Animación musical
  • 00:00 Teatro de rúa. “Scroon e o Dragón”
  • 00:30Espectáculo “Pedra e Lume” na fachada do Castelo dos Sarmiento. Gran espectáculo de lume e pirotecnia

SÁBADO, 25 DE AGOSTO DE 2012

  • 10.00 Lectura do Bando da Istoria polas rúas e prazas da vila.
  • 10.30 Apertura do Banco da Alhóndiga na Praza Maior
  • 10.30 Apertura do Mercado Medieval no casco histórico e na Alameda enfronte ao Castelo. Actuarán grupos de animación e música medieval dende a apertura ata o peche do Mercado.
  • Recuncho infantil na Alameda de 11 a 14 e de 18 a 22
  • 11.30 Gran desfile da Istoria. Saída dende o pavillón de deportes e rematando na fachada Castelo.
  • 12.15 Pregón na fachada do Castelo dos Sarmiento a cargo de Abraham Hain
  • 12.30 Entrega de medallas da Istoria na fachada do Castelo.
  • 13.00 Espectáculo de circo e malabares na Alameda
  • 13.00 Baile medieval, grupo “Donas e Cabaleiros” na Praza Maior
  • 13.15 Saída da comitiva da voda xudía dende a Rúa dos Fornos
  • 13.30 Animación musical na Alameda, Grupo Acibreira
  • 13.30 Xadrez vivente no Auditorio do Castelo. Só persoas vestidas de época
  • 14.00 Voda xudía na igrexa da Oliveira. Só persoas vestidas de época
  • 14.30 Cetraría e exhibición de aves na Praza Maior
  • 15.00 Teatro de rúa. Compañía “Os Quinquilláns” na Praza Maior
  • 15.30 Actuación do grupo “Tabaleiros da Istoria” polas rúas e prazas da vila
  • 16.00 Carreira de pipotes pola rúa Progreso
  • 16.30 Tiro con arco Grupo “Arc-Teixo” no Adro de Santo Domingo
  • 17.00 Exhibición de tiro con ballesta Grupo “Gastrafetes” no Adro de Santo Domingo
  • 18.00 Animación musical, Grupo “Acibreira” na Alameda
  • 18.30 Exhibición de cetraría de Cetreiros “Falcón Exhibición” no campo do Xestal
  • 19.15 Torneo medieval no campo do Xestal, Grupo de especialistas “Hípica Celta”
  • 20.30 Exhibición de esgrima medieval no Auditorio do Castelo
  • 21.00 Teatro de rúa. “El Perfumero” de Toniton Teatro na Alameda
  • 21.30 Baile medieval, Grupo “Donas e Cabaleiros” no Auditorio do Castelo
  • 22.00 Teatro de rúa “A Traizón”, Compañía “Os Quinquilláns” no Auditorio do Castelo
  • 22.00 Peche do Banco da Alhóndiga
  • 22.30 Actuación musical no Auditorio do Castelo
  • 22.30 Cea medieval na Madalena. Só persoas vestidas de época (55€/persoa)
  • 23.30 Concerto folk e gran queimada Fin de Festa, Grupo “Alann Bique” na Praza de San Martiño.

Máis información

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑