Actividades infantiles no image

Publicado el 23 de agosto de 2012 | por Fer Martínez

0

Noite da lúa meiga en O Viso, Redondela o 25 de outubro

Este sábado 25 de agosto no Torreiro da Gándara en O Viso, Redondela ten lugar a Noite da Lúa Meiga, unha xornada marabillosa para tódolos amantes da cultura e tradición galegas.

A XI Noite da Lúa Meiga comezará no mediodía do sábado con actividades para tódolos públicos meighachimpíns, xogos populares, obradoiros para nenas e nenos e algunha sorpresa máis ata chegar ao concerto onde se representará o máis festeiro da música tradicional da nosa terra. Todo o mundo está invitado a participar.

Actividades da Noite da lúa meiga

13.00 Concentración de meighachimpíns

Convídase aos veciños da parroquia a que decoren os seus chimpíns con motivos vexetais, como mostra do achegamento e da interdependencia coa natureza. Os chimpíns así engalanados concentranse no torreiro do festival.

16.00 Os meighachimpíns farán un percorrido festeiro pola zona, chamando a tódala xente á festa e a diversión.

18.00 Actividades para toda a familia

  • Fai a túa meiga. Obradoiro destinado aos máis pequenos no que poderán construir unha terrorífica meiga. Organizado pola Asoc. Xoeira.
  • Xogos bailados.Obradoiro para toda a familia impartido por Xabier Iglesias. Un bo xeito de gozar da tradición e achegarse ó mundo do baile tradicional.
  • Sesión musical. Ce Orquesta Pantasma ten preparado un espectáculo musical de tarde para os que se teñen que deitar cedo.

22.00 Noite da lúa meiga. Actuacións musicais.

  • AC/DC, As chispas de Compostela. Cris e Iria, a pesar dos seus 12 anos, levan máis da metade da súa vida subidas nos escenarios. Interpretan temas tradicionais, mesturados con algúns populares.
  • As lagharteiras. Grupo de pandereteiras nado en Vigo, co obxectivo de recuperar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego.
  • Carapaus. Catro músicos formados durante anos na música tradicional. O grupo fai soar nos seus concertos gaitas, acordeón, frautas, zanfona, percusións tradicionais e voces combinados en diferentes formacións.
  • Zurrumalla. Banda nada no 2000. Coa intención de crear un pequeño mundo arredor da música da terra. Pretenden disfrutar e dignificar a música do país e que a xente disfrute e se sinta identificada con ela.

Como chegar ao Torreiro da Gándara?

É o centro da parroquia de O Viso, en Redondela, neste enlace podedes velo nun mapa. E na web da organización tedes indicacións para chegar.

Máis información

¡Compártelo!

Tags: , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑