Lareta 2012: festival de monólogos de Redondela o 1, 8, 15 e 29 de setembro e 6 de outubro
O Concello de Redondela e o seu Servizo de Normalización Lingüística organizan o primeiro festival de monólogos da vila, bautizado como Lareta. Este evento cultural nace co obxectivo de potenciar o uso oral da lingua galega e de promover o traballo daquelas persoas que apostan pola nosa lingua como ferramenta de traballo e como instrumento de creación artística.
Nesta primeira edición, que se celebrará os sábados 1, 8, 15 e 29 de setembro, e o 6 de outubro, o cartel conta coa participación de Avelino González, Isabel Risco, Rober Bodegas e Carlos Blanco para o público adulto. E inclúe tamén un espectáculo infantil da man de Carmen Conde Gaute e a compañía Os Tres Contantes e Sonantes, con música en directo, ao que poderá asistir toda a familia.
As sesións celebraranse no Auditorio da Xunqueira de Redondela, agás a do día 8 de setembro que se desenvolverá no Auditorio do Piñeiral do Crego (Chapela), e as entradas, cun prezo de 4€ para as sesións de adultos, e 2€ para a sesión infantil. As entradas poderanse mercar dende 48 horas antes a cada función no mesmo auditorio da representación.
Programación
Sábado 1 de setembro
Avelino González “Historias de contrabando”
- Público adulto
- Auditorio da Xunqueira (Redondela)
- Ás 20.00
- Entrada 4€
Sábado 8 de setembro
Isabel Risco “Nabiza girl, unha viaxe espacial”
- Público adulto
- Auditorio do Piñeiral do Crego (Chapela)
- Ás 20.00
- Entrada 4€
Sábado 15 de setembro
Rober Bodegas “O día que empecei a odiar os iogures”
- Público adulto
- Auditorio da Xunqueira (Redondela)
- Ás 20.00
- Entrada 4€
Sábado 29 de setembro
Carmen Conde e Os tres contantes e sonantes
“Viaxe polas fragas dos biosbardos”
- Espectáculo infantil con música en directo
- Auditorio da Xunqueira (Redondela)
- Ás 19.00
- Entrada 2€
Sábado 6 de outubro
Carlos Blanco “Teño días”
- Público adulto
- Auditorio da Xunqueira (Redondela)
- Ás 20.00
- Entrada 4€
Máis información:
- servizonlredondela.blogaliza.org
- Auditorio da Xunqueira (MAPA)
- Auditorio do Piñeiral do Crego (MAPA)