Obradoiro de coiro en Súbete ó Castro (3 e 10 de agosto)
Aquí tedes unha nova actividade de verán do centro Súbete ó Castro da Concellaría de Xuventude, trátase dun obradoiro de iniciación á artesanía en coiro. Este curso se levará a cabo nas instalación do Súbete ó Castro no Monte do Castro os días 3 e 10 de agosto de 18.30 a 20.00, esta actividade está dirixida a mozos e mozas de 13 a 35 anos.
Nós xa temos participado noutros obradoiros do Súbete ó Castro e podemos dicir que teñen un persoal moi preparado e que pasaredes un rato marabilloso mentres aprendedes a facer algo diferente.
Se queres participar neste obradoiro, contacta co Súbete ó Castro por teléfono, facebook, correo electrónico ou en persoa e escolle un dos dous días disponibles e dálles os seguintes datos:
- Nome completo
- Idade
- Teléfono
- Correo electrónico
Súbete ó Castro está no Paseo dos Cedros, preto da pista de bicicletas en O Castro.
- facebook.com
- 986 485 541
- subeteo.castro@faceb
ook.com