Festa da cultura de Vigo 2012, maratón de folk esta fin de semana (7 e 8 de xullo)
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo está a preparar un gran evento musical para esta fin de semana. Os días 7 e 8 de xullo na Porta do Sol de Vigo terá lugar a Festa da Cultura de Vigo. Un gran evento para todas as idades, unha celebración da música da cidade. A Festa da Cultura de Vigo contará con actuacións de forma continua, postos artesanais, obradoiros de maquillaxe e manualidades para nenos e un concerto estelar de Son de Seu. Vigo terá unha gran festa, a que ninguén pode faltar.
- Onde? Na Porta do Sol de Vigo
- Cando? 7 e 8 de xullo
- As actuacións son de entrada libre
Deixámosvos coa programación, como veredes tanto o sábado como o domingo comezan as actividades ás 10.30/11.00, ben cedo e rematan pasada a medianoite.
Máis información: