Mercadiño de troco e cesión do Morrazo (domingo 1 de xullo)
A asociación sociocultural As Furnas organiza o domingo 1 de xullo unha xornada adicada ao troco e a cesión. Esta actividade realízanse co afán de optimizar os recursos dos veciños do Morrazo. Debido á sociedade de consumo na que vivimos, moitas e moitos de nós rematamos con acopio de bens que xa non usamos.
Este mercadiño vai enfocado a sacarlle partido a eses bens, sendo reutilizados por outra xente. Deste xeito, axúdase á economía de aquelas e aqueles que realicen o troco ou cesión e ó tempo fomentamos a reutilización, que é un dos pilares do ecoloxismo.
Para facer os trocos, pódense levar productos da horta e productos caseiros ou ropa, pequenos electrodomésticos, libros… Ao final da xornada a roupa que non foi trocada e que os donos non queiran recuperar, será doada a organizacións que a empreguen para axudar aos máis necesitados.
- Cando? Domingo 1 de xullo entre as 10.30 e as 14.00
- Onde? Alameda de Moaña, fronte a cervexería Vaticano (MAPA)
- Formulario de contacto: aquí
fonte: http://asfurnas.araosl.com/es/node/8