Actividades de verán na Biblioteca Neira Vilas
A Biblioteca municipal Neiras Vilas oferta unha programación especial para o periodo estival 2012, como obradoiros de pintura, astronomía ou de alfabetización dixital na procura de emprego a través de Internet. A biblioteca continuará durantes os meses de xullo a setembro coa programación permanente de “Os sabadiños do Roque” e “A volta ao mundo en 80 guías”.
O sabadiño do Roque
O monicreque Roque visita a biblioteca para compartir cos cativos as súas aventuras, contarnos historias de fantasías, ensinar cantigas e facer estupendos xogos.
- Sábados 7 de xullo, 11 de agosto, e 1 de setembro
- De 12.00 a 13.15
- Entrada libre ata completar aforamento
Achégate á pintura con Din Matamoro
Este obradoiro ten como obxectivo achegar aos máis pequenos ao mundo da pintura. O artista plástico Din Matamoro mostrará os segredos da pintura aos rapaces.
- 17, 19, 24 e 26 de xullo (martes e xoves)
- De 11.00 a 13.00
- Nenos de 5 a 12 anos
- 25 participantes por sesión
- Sesións independientes
- Inscricións antes do 1 de xullo
A volta ao mundo en 80 guías
Selección especial de guías de viaxes de países e cidades, libros de rutas e libros de idiomas para turistas.
- Do 2 ao 31 de xullo
- No horario habitual da biblioteca
Achégate á astronomía
Explicacións amenas sobre astronomía, viaxes especiais, astronautas dirixidas aos nenos para que descubran o mundo da astronomía dun modo divertido.
- Martes 7, 14, 21 e 28 de agosto
- De 12.00 a 13.00
- Nenos de 3 a 13 anos
- 30 participantes por sesión
- Inscricións do 15 de xullo ao 3 de agosto
- Sesións independientes
Achégate á Internet: procura de emprego
Obradoiro de manexo básico na rede esta vez centrado na procura de traballo a través da Internet. Destinado a persoas con escaso coñecemento de informática ou Internet
- Martes 4, 11, 18 e 25 de setembro
- De 10.00 a 12.00
- A partir de 16 anos
- 6 persoas por sesión
- Inscricións do 15 de agosto ao 3 de setembro
- Sesións independientes
Ademáis de todo isto a Biblioteca Neira Vilas estará na Feira do Libro, do 29 de xullo ao 8 de xullo na praza de Compostela.
Todos os obradoiros son gratuítos e as prazas adxudícanse por orde de inscrición. Para inscribirse nas actividades:
- De forma presencial na bilbioteca
- Por correo: bpneiravilas@vigo.org
- Por teléfono: 986 267 759
A Biblioteca municipal Neira Vilas está en R/ Martínez Garrido, 21
- bpvigoneiravilas.blogspot.com
- Horario de apertura: de martes a sábado de 11.00 a 14.00
- Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30
- Do 15 de xuño ao 15 de setembro apertura de tarde ás 18.00
- Descarga o programa completo AQUÍ