Conciertos no image

Publicado el 15 de junio de 2012 | por Fer Martínez

0

Imaxinasons, 8º festival de jazz de Vigo do 21 ao 30 de xuño

Case non se celebra por mor da crise e a falta de financiación pero finalmente este festival de jazz traerá a distintos espazos da cidade novas propostas locais, nacionais e internacionais do 21 ao 30 de xuño. A pesar de ser unha edición de orzamento apretado ten uns precios moi interesantes, haberá concertos con entrada libre e os de pago non superan os 5€.

A partir do día 21 poderemos desfrutar de 11 concertos en recintos como o salón de actos do MARCO, o Conservatorio Superior de Música, o Auditorio Municipal, a Praza da Constitución e coma novidade, a terraza do Auditorio “Mar de Vigo”. As entradas dos concertos serán de balde ata completar aforo agás nos concertos no MARCO e no Auditorio Municipal, que custarán 3€ e 5€ respectivamente.

PROGRAMACIÓN

XOVES 21 DE XUÑO

  • Concerto inaugural. Luisa Sobral
  • 22.00 na terraza do Auditorio Mar de Vigo

VENRES 22 DE XUÑO

  • Rodrigo Amado Motion Trio + Paul Dunmall
  • 21.00 no Auditorio “Martín Códax” Conservatorio Superior de Música
  • Jazz na Noite
  • 01.30 no Xancarajazz

SÁBADO 23 DE XUÑO

  • Imaxina na Rúa. Escola A Tempo de Pontevedra
  • Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios
  • Iago Fernández. Agromando
  • 21.00 no Auditorio “Martín Códax” do Conservatorio Superior de Música
  • Jazz na Noite
  • 01.30 no Xancarajazz

DOMINGO 24 DE XUÑO

  • Imaxina na Rúa. Escola Municipal de Música da Coruña
  • Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios
  • Pablo Martín Quintet
  • 21.00 no Auditorio “Martín Códax” do Conservatorio Superior de Música

LUNS 25 DE XUÑO

  • Germán Díaz. Método cardiofónico
  • 20.30 no salón de actos do MARCO
  • Jazz na Noite 
  • 23.00 no Contrabajo

MARTES 26 DE XUÑO

  • Suelen Estar Quartet
  • 20.30 salón de actos do MARCO
  • Jazz na Noite
  • 23.00 no Contrabajo

MÉRCORES 27 DE XUÑO

  • Daniel Levin
  • 20.30 no salón de actos do MARCO

XOVES 28 DE XUÑO

  • Pasacalles
  • Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios

VENRES 29 DE XUÑO

  • Pasacalles
  • Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios
  • Carles Santos + CaboSanRoque. Maquinofobiapianolera
  • 21.00 no Auditorio Municipal do Concello
  • Dhafer Youssef
  • 23.00 na praza da Constitución
  • Jazz na Noite
  • 01.30 no Xancarajazz

SÁBADO 30 DE XUÑO

  • Pasacalles
  • Diferentes espazos da cidade en varios pases horarios
  • Joachim Kühn / Majid Bekkas / Ramón López Trio Out of the Desert
  • 21.00 no Auditorio Municipal do Concello
  • Orquesta Voland
  • 23.00 na praza da Constitución
  • Jazz na Noite
  • 01.30 no Xancarajazz
Para máis información imaxinasons.com

Venda de entradas no mesmo día dos concertos, nos despachos de billetes da sala do concerto desde unha hora antes do seu comezo. En caso de inclemencias metereolóxicas, a organización poderá decidir o traslado dos concertos previstos na terraza do Auditorio “Mar de Vigo” e na Praza da Constitución ao Auditorio Municipal do Concello.

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑