Presentación de dúas curtametraxes documentais hoxe pola tarde no CUVI
As curtametraxes Punta Cabalo e Os Vacalouras serán proxectadas hoxe na Universidade de Vigo. Estas dúas pezas audiovisuais foron elaboradas como traballo de fin de curso polo alumnado do obradoiro Iniciación á curtametraxe documental.
A primeira das cintas é unha historia que une a superación humana coa personalidade dos animais, desta volta, os cabalos. A segunda das curtas céntrase nos retos e éxito dun grupo de música local.
Onde? Sala I do Edificio Miralles (a carón do centro comercial do CUVI)
Cando? Hoxe ás 18:00
Prezo? Entrada libre