Fin de curso das escolas municipais de música e artes escénicas
As escolas municipais de música e artes escénicas desenvolverán un programa de actuacións que terán como escenarios varias rúas da cidade, así como os auditorios do Concello e do Pazo de Congresos Mar de Vigo. O alumnado da Escola Municipal de Música (EMMV), a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-TRAD) e a Escola Municipal de Teatro (EMT) pretenden con estas actividades que a cidade coñeza e disfrute no seu proceso de formación.
Actividades na rúa
Martes 5 ás 19:00
- Grupo de pandereteiras con alumnado da E-TRAD
- Avenida de Castelao, praza de América (diante da Estatua do Emigrante)
Venres 8 ás 19:00
- Coro da E-TRAD
- Urzáiz (fronte ao Mercado do Calvario)
Mércores 13 ás 19:00
- Grupo de corda frotada con alumnado da E-TRAD
- Avenida de Castelao, praza de América (diante da Estatua do Emigrante)
Luns 18 ás 20:00
- Coros da EMMV
- Cruce rúas Colón e Urzáiz (Farola)
Martes 19 ás 20:00
- Orquestras da EMMV e Música e movemento
- Urzáiz (fronte ao Mercado do Calvario)
Mércores 20 ás 20:00
- Banda e Combos da EMMV
- Avenida de Castelao, praza de América (diante da Estatua do Emigrante)
Xoves 21 ás 20:00
- Banda infantil da EMMV e Música e movemento
- Urzáiz (fronte ao Mercado do Calvario)
Venres 22 ás 20:00
- Orquestra sinfónica e Coro da EMMV
- Cruce rúas Colón e Urzáiz (Farola)
Actividades de sala
Mércores 6. EMT no Auditorio do Concello (entrada libre)
- 18:30: “O Rapto da Bibliotecaria” Adaptación do conto de Margaret Mahy
- 20:00: selección de obras de teatro breve: “A seguinte”, “Un féretro para Arturo”, “A consulta”, “A execución”, “O suceso” de autores varios.
Xoves 7. EMT no Auditorio do Concello (entrada libre)
- 18:00: “Vagabundus, o chapeu máxico”
- 20:00: “A ópera do patacón” de Roberto Vidal Bolaño
Venres 8. EMT no Auditorio do Concello (entrada libre)
- 19:00: “Sumerxirse na auga” de Helena Tornero
- 20:00: “A parada” de Rafael Portillo
Sábado 9. Auditorio Mar de Vigo (entrada con invitación)
- 18:00 Festival fin de curso por alumnado da EMMV
- Invitacións a recoller na EMMV
Xoves 14. Auditorio do Concello (entrada libre)
- 19:00 Festival fin de curso por alumnado da E-TRAD
Máis información:
Escola Municipal de Música Folk e Tradicional hoxe.vigo.org/movemonos/educacion_etrad.php
Escola Municipal de Música hoxe.vigo.org/movemonos/educacion2.php
Escola Municipal de Teatro hoxe.vigo.org/movemonos/educacion3.php