Actividades infantiles no image

Publicado el 29 de mayo de 2012 | por Fer Martínez

0

Actividades do Veránxove 2012 da Concellería de Xuventude

Como xa está aquí o verán a Concellería de Xuventude vén de anunciar todas as actividades que levarán a cabo na cidade durante a época de vacacións. Estas actividades son moi variadas en temática e están dirixidas a cativos, nenos e mozos empadroados en Vigo. Como novidade a inscrición para os campamentos será únicamente a través da web de xuventudevigo.org o prazo de inscrición comeza o 1 de xuño ás 9:00 horas.

Actividades: existen tres bloques de actividades que podedes consultar detidamente en xuventudevigo.org/nova/index.php/informacion-actividades

  • Campamentos urbanos: na súa maioría campamentos de dúas semanas en distintos puntos da cidade como Samil, Bouzas ou Vigozoo. Destacamos o “Campamento urbano” no pavillón de As Travesas do 30 de xullo ao 10 de agosto que é gratuíto. O prezo do resto ronda o 40€ para dúas semanas.
  • Ludotecas: desde Xuventude nos lembran que na cidade temos seis ludotecas, na Casa da Xuventude, Coia, Calvario, Coruxo, Lavadores e Vigozoo onde os nenos poderán desfrutar de moitas actividades. Todas as ludotecas son de balde agás a do Vigozoo (15€ semanais) e a de Coruxo (5€ mensuais) ademáis habilitaranse ludotecas nos centros cívicos de Coruxo, Casco Vello, Teis e Saiáns durante o mes de agosto.
  • Actividades para a mocidade: para os máis maiores están preparadas actividades gratuítas en Súbete ao Castro e en Vigosónico. Ademáis volven as actividades de voluntariado nas illas Cíes, esta vez gratuítas, os participantes pasarán 5 noites de balde nas illas. Aínda que é necesario facer un curso de voluntariado de un día no VigoZoo para participar.

Prazos, taxas e inscripción:

Para darse de alta nos campamentos tedes que encher un formulario en xuventudevigo.org e escoller ata un máximo de 5 actividades. O prazo ábrese o día 1 de xuño e o día 7 publicarán a listaxe provisional, se entramos nesa lista teremos que entregar os documentos necesarios. Toda a información a tes en xuventudevigo.org/nova/index.php/procedimento-inscricion. As taxas se pagarán a través da web do concello, é necesario ter tarxeta de crédito para pagar as taxas. Para apuntarse nas ludotecas tedes que ir ao propio centro.

Máis información:

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑