Actividades infantiles no image

Publicado el 16 de mayo de 2012 | por Fer Martínez

0

Día internacional dos Museos 2012 no Museo Quiñones de León e na Pinacoteca Municipal

O Museo Quiñones de León e a Pinacoteca organizan actividades lúdicas os días 18,19 e 20 de maio co motivo do Día Internacional dos Museos, que este ano se conmemora baixo o lema “Museos nun mundo cambiante: novos retos, novas inspiracións” O Museo Quiñones de León abrirá as súas portas de forma continuada e contará con visitas dramatizadas e un concerto de folk e a Pinacoteca cunha actividade de misterio para familias.

Vouche contar unha historia… Dª Inés de Mandamoito, dama viguesa do século XVIII; e Dª Filiberta Mandamáis, a “dama das conservas” do XIX, levarán aos seus convidados e convidadas polo Pazo de Castrelos, achegándoos á historia da máis famosa residencia pacega do Concello.

  • Venres 18 ás 10, 11 e 12.
  • Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (60 persoas por grupo)
  • Terán preferencia as persoas ou grupos que fagan a súa reserva previa.
  • Reserva por teléfono: 986 29 50 70 // 986 29 50 75 ou por fax: 986 23 93 72, ata o mércores 16 de maio, 20:00
  • Reserva por correo electrónico: museocastrelos@vigo.org ata o venres 18 de maio, 8:00

Lectura do bando do Día Internacional dos Museos a cargo do alcalde no decurso dunha recepción.

  • Venres 18 ás 11:00

Concerto nocturno a cargo do grupo de música folk “Riobó”, protagonizado pola súa solista, a violinista Begoña Riobó. O concerto desenvolverase no xardín principal do Pazo ou ben no seu interior, segundo as condicións climatolóxicas.

  • Venres 18 ás 23.00 horas
  • Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (100 persoas)
  • Coñece a Riobó en begoriobo.com

“Misterio na Pinacoteca” na Pinacoteca municipal “Francisco Fernández del Riego” a actividade familiar na que se resolverá un misterio nas dependencias da pinacoteca. Nenos e nenas, coas súas familias, recibirán as pistas necesarias para descifrar o enigma. Ademáis haberá unha recompensa para os mellores.

  • Sábado, 19 de maio, ás 12.00 e ás 13.00 horas
  • Domingo, 20 de maio, ás 12.00 e ás 13.00 horas
  • Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (30 persoas por grupo)

Museo Quiñones de León: museodevigo.org/informacion_gal.php

Pinacoteca municipal: museodevigo.org/pinacoteca_gal.php

¡Compártelo!

Tags: , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑