Actividades no Museo do Mar e Salinae, 17 e 18 de maio
Esta semana o Museo do Mar de Galicia e o centro arqueolóxico Salinae súmanse á festa do Día internacional dos Museos.
Para o venres ofrecen unha xornada de portas abertas chea de actividades que se une á festividade do Día das Letras Galegas así que esta semana teñen unha programación moi especial.
Salinae, Centro Arqueolóxico do Areal museodomar.com/salinae
- Apertura de 11:00 a 14:00 xoves e venres.
- Visitas guiadas ao centro ás 12:30 xoves e venres.
Museo do Mar de Galicia museodomar.com
Xoves 17, Día das Letras Galegas
- Apertura de 11:00 a 19:00.
- Entrada gratuíta
- Alimentación en directo dos animais do acuario ás 12:00
- Visitas guiadas ao museo 12:30 e 17:00
- Desconto do 50% nos catálogos en galego de produción propia
Venres 18, Día internacional dos Museos
- Apertura de 10:00 a 14:00
- Entrada Gratuíta
- Alimentación en directo dos animais do acuario ás 12:00
- Inauguración do espazo De Profundis ás 19:00. Este novo espazo permanente do Museo do Mar de Galicia amosa os 200 anos de innovación tecnolóxica na Ría de Vigo; en definitiva, unha merecida homenaxe á xenialidade dun home singular, Antonio Sanjurjo Badía.