Festival Internacional de Títeres de Redondela (do 14 ao 20 de maio)
De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. A organización do evento, compartida pola Asociación Xente Titiriteira e a Concellería de Cultura de Redondela, mantén a vocación internacional deste festival, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia entre outras. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas.
Os eixos da programación deste ano son tres: a campaña escolar, na que máis de 2500 escolares entre 4 e 12 anos pasarán polo Teatro para poder gozar das 8 representacións que hai exclusivamente para colexios, o teatro de rúa que encherá as rúas e prazas, un dos obxectivos do festival. Son máis de 20 espectáculos para todos os públicos, todo un mosaico teatral para gozar toda a xente e os títeres de sala para adultos, nos que o festival tamén fai un esforzo por coidar a programación de sala creando nas últimas edicións un público desexoso de ver bos espectáculos de monicreques destinados a adultos. Ademáis a exposición “Os Monicreques da escola” estará no Multiusos da Xunqueira e varias rúas e prazas da vila. Nela os rapaces da comarca expoñen os seus títeres.
A programación é moi extensa, con máis de 50 actividades así que vola mostramos nesta imaxe, fai click para agrandala ou descargala, estas son as actividades de rúa e de sala:
A programación de rúa levarase a cabo o xoves 17 días das Letras Galegas e a fin de semana.
As actuacións en sala son desde o mércores ata o domingo:
- Realízanse no Multiusos da Xunqueira (MAPA)
- O prezo é de 3€ para nenos e 5€ para adultos.
- Venda de entradas dúas horas antes das funcións.
- Venda de entradas o sábado e domingo ás 16:00
Máis información:
Información sobre as compañías: compañías de sala e compañía de rúa
Web do festival: festivaltiteresredondela.com