Actividades infantiles no image

Publicado el 8 de mayo de 2012 | por Fer Martínez

0

Maio, mes das Letras Galegas en Vigo

O Concello de Vigo organiza durante este mes moitas actividades ao redor do galego co gallo do día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Valentín Paz Andrade. As ludotecas, bibliotecas e mesmo as rúas da nosa cidade énchense de actividades para distintas idades, moitas delas de balde.

Ludoteca lingüística (Actividade infantil)

Achegamento aos xogos tradicionais a partir de distintas probas que han realizar as cativas e cativos e nas que deben demostrar o seu coñecemento do léxico e fraseoloxía.

  • Centro Cívico de Teis, mércores 9 de maio ás 17.30
  • Praza da Independencia, venres 11 de maio ás 18.00

Polo correo do vento (Actividade infantil)

Actividade impartida por un contador de historias e un deseñador, co cal se conecta co público dun xeito dobre: a través da imaxe e a través da palabra. Ao remate, o debuxante guia aos cativos e cativas para debuxaren as súas creacións e todos pintan as distintas viñetas que se foron creando durante a historia.

  • Biblioteca Central, martes 15 de maio ás 18.00

Curso de escrita creativa (Adultos)

Impartido polo escritor Francisco Castro. Dirixido a persoas que teñan inquedanzas de escrita creativa… outro xeito de traballar pola normalización da lingua galega.

  • Biblioteca Central, luns 14, 21 e 28 de maio ás 19.00

Comunícate en público (Adultos)

Charla impartida por Uxía Blanco para vencer non só o medo a comunicarnos en público senón tamén eses nosos prexuízos que se resumen nun “Es que no hablo bien el gallego”.

  • Biblioteca Central, martes 15 de maio ás 19:00
  • Biblioteca Neira Vilas, mércores 23 de maio ás 19:00

Para ter máis información e apuntarse:

Atención Cidadá 986 810 260  010@vigo.org

Biblioteca Central R/ Joaquín Yánez, 6 (Casco Vello). 986 229 074 bibli.central.vigo@xunta.es

Biblioteca Xosé Neira Vilas R/ Martínez Garrido, 21. 986 267 759 bpneiravilas@vigo.org

¡Compártelo!

Tags: , , , ,


Sobre el autor

Creador de Vigo Low Cost junto a María Cousido. Mi barrio favorito de Vigo es el Casco Vello. Producción, comunicación, cultura, divulgación y entretenimiento.



Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *


*

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Subir ↑