Ciclo de conferencias sobre a situación das mulleres en Oriente (7 e 8 de maio)
A Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo organiza esta semana dúas charlas sobre a situación da muller en paises orientais como Afganistán ou Exipto. A intención de esta actividade é encher o baleiro que se observa na actualidade tendo en conta os cambios sociais e políticos sucedidos nos países de Oriente Medio e norte de África, e o papel que desempeñan as mulleres orientais na cultura musulmá. É preciso falar delas e visibilizar a súa loita e resistencia e informar dunha maneira máis realista ao estudantado da Universidad en particular e á poboación de Vigo en xeral.
Estas charlas levaranse a cabo hoxe, luns 7 e mañá martes 8 de maio:
Ser muller en Afganistán. A cargo de Ana María Briongos, escritora, viaxeira e coñecedora da cultura oriental, Afganistán, Irán e India.
- 7 de maio
- Ás 19:00
- Casa das Mulleres, R/ Romil, 20 (MAPA)
Primaveira árabe: traizón ás mulleres. A cargo de Nazanin Amirian, profesora de Polícitas na UNED, tradutora e escritora de “El Islam sin velo” e “Irán: revolución constante”.
- 8 de maio
- Ás 19:00
- Auditorio Municipal do Areal, antigo Rectorado. R/ Areal, 46 Vigo (MAPA)
Actividade patrocinada pola Unidade de Igualdade e organizada en colaboración con Mina Shayan, investigadora en Estudos de Xénero da Universidade de Vigo. Entrada libre ata completar aforo.
Para máis información:
- 986 813 419
- uvigo.es/administracion/igualdade
- igualdade@uvigo.es