Roteiro por Donón (Cangas) este domingo

Roteiro por DonónFECIMO volve a organizar un roteiro para este domingo, nesta ocasión en Cangas. Trátase dun sendeiro polo finisterre da península do Morrazo sobre o Atlántico. Comezando no primitivo núcleo das casas de Donón, o camiño descende cara o complexo dunar de Barra, unha ampla extensión de terreo arenoso onde conviven armoniosamente a típica vexetación destas superficies con plantacións como os viñedos, nunha sorprendente cercanía á orilla do mar. Atópase máis adiante o Muíño da Teixeira e a súa fermosa presa, unha das máis elaboradas do seu contorno.

Seguindo cara o faro de Punta Subrido os participantes poderán deterse para contemplar as fermosas vistas da Ría de Vigo e as Illas Cíes, e á esquerda os grandes areais de Barra e Nerga. Pasarase pola praia silvestre de Melide, en forma de cuncha e visitaranse os faros de Punta Robaleira e Cabo Home. Continuarase pola costa de Soavela, con impresionantes acantilados e fermosas panorámicas coas Illas Cíes de fondo e a liña do horizonte sobre o mar aberto.

De volta no núcleo habitado de Donón atópase a Caracola, escultura metálica do artista moañés Lito Portela. Dende alí tomarase o camiño de subida cara o Monte Facho, pisando as pedras milenarias que levan a un castro habitado na Idade de Bronce. No cumio visitaranse os restos, aínda en excavación, do Poboado Castrexo que polo número de restos atopados é o santuario pagano máis importante da Península Ibérica.

    • ¿Cando?: este domingo, 22 de abril. Saída ás 10:00h. A ruta comeza apenas uns metros máis aló da capilla de Santiago de Donón (coordenadas 42º16’20″N 8º51’29″O), sobre a mesma carretera que nos leva dende O Hío a Cabo Home. O mellor sitio para deixar o coche será na «Caracola» (42º16’15″N 8º51’40″O), e despois camiñar ata o punto de saída indicado. Aquí embaixo vos deixo un mapa coa situación da Caracola e o punto de partida do roteiro.


Ver Roteiro Donón en un mapa más grande

  • Percorrido do roteiro: son en total 11,17 km. Neste enlace tedes un mapa co percorrido, que ao ser circular, remátase no punto de partida.
  • Duración: unhas 3 horas e media, aproximadamente.
  • Dificultade: moderada.
  • ¿Teño que levar algo en particular?: calzado cómodo para camiñar con sola non esvaradiza, auga dabondo para hidratarse no camiño e comida por se queres quedarte a comer alí ao remate do roteiro.
  • ¿Onde me apunto?: Para participar só tes que confirmar asistencia no e-mail comunicacion@fecimo.es ou chamando ao teléfono 986.305.000. Tes que deixar os teus datos (nome, apelidos e teléfono) e dicir se vas con máis xente. En principio, non hai límite de prazas. Ollo, porque mañá venres é o último día para apuntarse.
  • ¿Cando custa?: A asistencia é gratuita pero é imprescindible confirmación e número de asistentes, para ter contabilizados os participantes do roteiro. Polo tanto, os únicos custes son os de desprazamento ata Cangas.
  • ¿Cal é o pronóstico meteorolóxico?: preguntámosllo ao deus da meteoroloxía, Windguru, e díxonos que vai estar anubrado pero sen chuvia en todo o día.

Ao igual que no anterior roteiro en Moaña, se ides dende Vigo só podedes facelo en coche, pois os horarios de Monbús do domingo son simplemente absurdos (¿alguén sabe por qué só hai un bus para ir a Cangas ás 19:15 e ata 9 buses que volven a Vigo ao longo do día?). Para os que non saibades moi ben como chegar dende Vigo ata Donón, aquí vos deixo outro mapiña coa ruta:


Ver mapa más grande

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*