Encontro anual da asociación Divulgacción (20 de abril)
O venres 20 abril a asociación Divulgacción organiza en Vigo na sede da Fundación Barrié (R/ Policarpo Sanz, 31) o seu primeiro encontro anual no que celebrarán a asemblea anual e unha xornada para compartir experiencias e formación con varias onencias bastante interesantes. Toda a xornada, agás a asemblea xeral, é aberta ao público interesado. Este é o programa:
BLOQUE 1: Compartindo experiencias
17:00 Relatorio “Cultura Científica, Arqueoloxía Pública e Cultura Popular en Galicia” a cargo de Xurxo Ayán, Arqueólogo do CSIC
17:30 Relatorio “Xénero, ciencia e comunicación” por Iolanda Casal xornalista de El Correo Gallego.
18:00 – 18:45 Obradoiro: “Ciencia e Cociña” polo físico Martín Pérez Rodríguez e coa participación de Rafael Centeno, cociñeiro do restaurante Maruja Limón (Grupo Nove de Gastronomía)
BLOQUE 2
19:15 – 19:55 Asemblea xeral anual de Divulgacción (Asociación Galega de Comunicación da Cultura Científica e Tecnolóxica) Só para membros da asociación.
BLOQUE 3
20:00 – 21:30 Relatorio invitado “Comunicación y cultura científica en tiempos de crisis” por Juan Ignacio Pérez Iglesias, cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.
En caso de completar o aforo teñen preferencia os socios de Divulgaccion.
Esta asociación formouse en abril de 2011 en Santiago de Compostela por trinta divulgadores científicos. Crearon a Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica, Divulgacción. Os seus integrantes proceden de ámbitos tan diversos como a docencia, a investigación, o xornalismo, os museos ou a empresa. Persoas que se dedican a divulgar o coñecemento científico e tecnolóxico sendo conscientes da necesidade de contar cunha asociación que velase polas boas prácticas profesionais, ofertase formación específica, e servise como punto de encontro e de debate entre os seus asociados.
Máis información:
- Web: divulgaccion.org/
- E-mail: agccct@gmail.com
- Twitter: twitter.com/divulgaccion
- Facebook: facebook.com/divulgaccionAGCCCT