Peque-ruta de sendeirismo: Campo Lameiro (Domingo 15 de abril)
A Asociación Cultural O Coto (de Cabral), ten preparada unha nova actividade dentro das súas “Peque-rutas”, actividades ao aire libre de sendeirismo para familias, con rutas adaptadas aos cativos.
Para o domingo 15 de este mes organizan unha excursión ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. A ruta inclúe a visita guiada polo parque da man do persoal do centro de arte rupestre e ten un prezo de 4€ ou 5’5€ para adultos (socios ou non socios) e de 3€ ou 4€ para os nenos (socios ou non socios).
Para apuntarse:
- Asociación Cultural O Coto http://www.ocoto.org/
- R./ Lomba, 1 (Colexio Público Carballal, Cabral)
- Teléfonos de contacto: 986 487 957 (Jose) 676 524 529 (Tere)
- Correo electrónico para dudas ou preguntas: andaina@ocoto.org
Saída do Colexio Público do Carballal (R/ Lomba 1) Acceso pola Avda. do Aeroporto á altura da Rinxela.
Imaxes das peque-rutas aquí.
Web do Parque arqueolóxico do Campi Lameiro aquí.