Presentación do novo libro de Xosé Neira Vilas (Mércores 11 de abril)
O escritor Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego presenta o seu novo libro Esperando o leiteiro na biblioteca da cidade que leva o seu nome. É unha boa oportunidade para coñecer a un dos persoeiros máis importantes da cultura galega. Neira Vilas falará da historia reflectida no libro e do proceso de creación do mesmo.
Cando? Mércores 11 de abril ás 20:00
Onde? Biblioteca Xosé Neira Vilas, Avenida Martínez Garrido, 21.
Entrada libre ata completar aforo.
De qué trata Esperando o Leiteiro?
A mediados do século XX, un mozo campesiño vai emigrar a Buenos Aires. Coa maleta ao lombo, camiña sete quilómetros; perdeu o coche de liña e confía en que o leve o camión que recolle o leite. Mentres agarda a chegada do leiteiro, o mozo fai un reconto da súa vida, cos seus traballos, xogos, amores, miserias e soños. Xosé Neira Vilas escribe un intenso monólogo interior que non cesa ata que, por fin, o protagonista emprende o camiño.