Concurso de fotografía amateur InterRail 2012
Renfe e o Concello de Vigo convocan un concurso de fotografía para afeccionados sobre as instalacións ou as actividades organizadas pola Concellaría de Xuventude, hai un premio único, un pack de dous billetes InterRail Global Flexi.
Que é o InterRail Global Flexi? É un pase de ferrocarril que permite viaxar en tren, durante 10 días, por máis de 30 países europeos nun prazo de 22 días. Máis información aquí.
Cal é a temática das fotografías? Fotografías en calquera das dependencias da Concellaría de Xuventude (Casa da Xuventude, Súbete ao Castro, Punto Xove e Vigosónico), así coma noutros espazos, sempre que se aprecie unha referencia clara de que ditas actividades son convocadas pola Concellaría.
BASES
- Poderán participar todas os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos (1994-1977) empadroados en Vigo que sexan aficcionados á fotografía (Non profesionais).
- As fotografías poderanse realizar con cámara dun teléfono móbil. As fotografías poderán ser editadas con calquera programa, aceptando a súa entrega en cor, B/N ou virado.
- Non serán válidas as fotomontaxes.
- Non serán admitidas fotografías con sinaturas ou marcas de autoría sobreimpresas.
- Dúas fotografías por participante como máximo.
- As fotografías deberán enviarse como arquivos adxuntos ao correo electrónico puntoxove@vigo.org e cada foto debe ter título.
Prazos
- Admisión dende o luns 21 de maio, ata o día de 10 de xuño de 2012 , ás 23:59:59 horas.
- O fallo do xurado darase a coñecer o mércores 20 de xuño.
- A entrega do premios realizarase o mércores día 27 de xuño no Punto Xove da Concellaría de Xuventude.
Bases completas neste enlace: http://www.xuventudevigo.org/~/basesinterrail.pdf
Veña, botádelle imaxinación e intentádeo, que o premio parece bo e o entregan xusto para as vacacións de verán.
Es una pena que sólo sea para los empadronados en Vigo, muchos de los que viven en zonas muy próximas no podrán participar.