Curso de galego do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
O Servizo de Normalización Lingüística do noso concello convoca un curso de lingua galega gratuito.
Primeiro grupo:
- Do 16 de abril (luns) ao xoves 31 de maio (xoves).
- No Instituto Municipal de educación. Camiño Chouzo, 2.
- Horario: luns, mercores e xoves de 10:00 a 12:30h
Segundo grupo:
- Do 16 de abril (luns) ao 4 de xuño (luns).
- No Centro Cívico de Teis. Camiño Maceiras, 2.
- Horario: luns, martes e xoves de 9:30 a 12:00h
Non se expedirá ningún tipo de certificación ou diploma pola asistencia a estas clases. As prazas outorgaranse por orde de inscrición. Pódevos servir se estades pensando sacar un CELGA e veces que necesitades un pouco de apoio.
Inscrición: do 2 ao 10 de abril no Servizo de Normalización (Praza do Rei nº 1, 1º) ou a través do teléfono 986 810 281.