Celebración do día mundial do Teatro na ESAD

Cartel do día mundial do TeatroCo gallo do Día Mundial do Teatro, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) organiza para mañá martes día 27 unha serie de actividades de entrada libre e gratuita. Aquí vos vai o programa:

9:30 – Leerase o Manifesto do Día Mundial do Teatro (redactado orixinalmente polo actor John Malkovich) en distintas linguas.

10:00 – Inauguración da exposición fotográfica de Ricardo Alcalde.

10:30 – Presentación do nº 70 da Revista Galega de Teatro.

11:15 – Proxección do documental «Isaac», de Xosé Abad, a modo de homenaxe a Isaac Díaz Pardo.

12:30 – Mostra «Deseño de proxectos escénicos», onde os asistentes poderán ver unha selección de traballos das catro especialidades impartidas no centro (interpretación, escenografía, dramaturxia e dirección escénica).

13:30 – Entrega do IV Premio Marta Sieiro a novos intérpretes. Representación dos traballos gañadores.

Ademáis, o alumnado de 1º de Interpretación guiará ao público polos espazos da escola durante os entreactos das actividades programadas.

Navia: un barrio, un espectaculoXa á tardiña, ás 19:30 terá lugar o evento teatral Navia: un barrio, un espectáculo, proxecto que consistirá na realización dun evento teatral que terá a súa orixe nos trazos singulares do barrio de Navia. Será xerado mediante o contacto directo entre un grupo de artistas (alumnos e egresados da ESAD de Galicia), un territorio (Navia) e a comunidade que nel vive, tendo aos veciños como destinatarios preferentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*