Actividades familiares na Fundación Barrié e no Museo do Mar
Esta fin de semana a Fundación Barrié invita a cativos e maiores a participar nos últimos obradoiros didácticos para familias en torno á exposición Type in Motion e a desfrutar dunha obra de teatro para os máis pequenos da casa. No Museo do Mar, continuando co acuario como eixo temático, ofrécese agora a posibilidade de coñecer todo o referente á reprodución e ao ciclo da vida dos animais mariños. Estas son as actividades que nos ofrecen as dúas institucións.
Fundación Barrié
O meu retrato con letras, obradoiro familiar.
- Sábado 24 e domingo 25 de 12h a 13:30h e de 18h a 19:30h.
- Nenos a partir de 4 anos acompañados por adultos.
- Previa reserva: 986 110 220 durante o día de hoxe.
Cada familia moldelará o seu nome con plastilina e tras deformar as letras, xerarán unha forma tipográfica en movemento, que actuará como un auténtico retrato grazas á técnica de animación Stop-Motion denominada Claymation. Cada familia ten que levar a súa propia cámara fotográfica.
Kubik. Teatro en familia para nenos de 0 a 4 anos.
Kubik é un xogo de construccións da compañía Teatro Paraíso, no que dous actores proxectan cores, formas e volúmes, para debuxar un universo sensorial sobre o branco orixinal, que se transforma nun bosque de emocións, proxeccións que dan vida a un pequeno museo de imaxes, luces que debuxan paisaxes sensibles… un mundo que da paso a outro mundo.
- Sesións: 12:30 e 18:00h
- Repartiranse invitacións 60 minutos antes de cada espectáculo.
- Máximo de 50 niños y un adulto acompañante por cada niño.
Museo do Mar:
Acuario II “O ciclo da vida no mar” aprenderedes como se comportan as diferentes especies no momento da reproducción. E todo isto como de costume nunhas xornadas cunha importante compoñente lúdica, na que aprenderedes, xogaredes no entorno do acuario.
Obradoiro para nenos
- Sábado 24 de 12:00h a 13:30h.
- A idade mínima para participar nestas actividades é de 5 anos.
- Inscrición neste formulario ou no 986 247 750.
Obradoiro para familias
- Domingo 25 de 17:00h a 18:30h.
- A idade mínima dos participantes é de 5 anos e estarán acompañados, como mínimo, dun adulto.
- Inscrición neste formulario ou no 986 247 750.
Tarifa dos obradoiros do Museo do Mar : 1,5 € por persoa e día