Plan de sábado: exposicións gratuitas no Casco Vello
Xa o sabemos todos, o sábado chove e entre outras cousas adíanse as actividades de escalada que estaban programadas para mañán na praza da Independencia. Así que imos a falar de dúas exposicións que están separadas por poucos metros no Casco Antigo e que podemos visitar sen mollarnos moito.
Pinacoteca Municipal: “O fermoso rostro do país” Pintura e escultura galega dos séculos XIX e XX. Unha boa oportunidade para descubrir esta pinacoteca, que está un pouco agochada e esquecida.
- Onde? Abeleira Menéndez, 8 (MAPA)
- Horario Aberto de martes a domingo: de 11:00 a 13.30h e de 17.30 a 20:00h.
- Entrada libre.
Casa Galega da Cultura: “O traxe a través do proceso do pan”, trátase dunha exposición etnográfica principalmente de traxes de labor típicos galegos, así que podemos aproveitar para entrar en situación para festexar a Reconquista.
- Onde? Praza da Princesa 2 (MAPA)
- Horario de luns a venres: de 18:00 a 21:30h sábado: de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:30h Domingos: de 11:00 a 14:00h.
- Entrada libre.