Fin de semana: actividades familiares no Museo do Mar
Tal vez nas exposicións do Museo do Mar falte “algo” para facelas máis atractivas pero os obradoiros e as actividades paralelas están moi ben organizadas, merecen a pena, os nenos aprenden moito e sempre queren repetir.
Este mes o Museo do Mar de Galicia está a organizar varias actividades centradas no seu acuario. Coñeceremos aos animais que habitan as rías galegas e a súa alimentación. Para esta fin de semana ofrécenos un obradoiro chamado “A dieta do animais do mar” en dous formatos: infantil e para familias.
Sábado 17: obradoiro infantil.
- A partir de 6 anos
- Horario de 12:00 a 13:30.
- 1’5€ por neno.
- Inscrición neste formulario.
Domingo 18: obradoiro familiar.
- Nenos a partir de 6 anos.
- Para familias (pode ir un só adulto con varios nenos)
- Horario de 17:00 a 18:30.
- 1’5€ por participante.
- Inscrición neste formulario.
Podedes informarvos tamén por teléfono: 986 24 77 50.
Onde? Está en Avenida Atlántida 160, antes de chegar a Samil.
Como chegar? polo Museo do Mar pasan as liñas C15A, C15B, C15C e 10, pero controlade ben os horarios porque o sábado e o domingo teñen frecuencias moi baixas.